Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

E pur si muove

martes, 27 de diciembre de 2005
Nesta época, en tempos, todo chamaba á paz e á tranquilidade. As festas do Nadal e aninovo facían que as familias se reconcentrasen, as unidades familiares se apiñasen, e os desexos de boa vontade se extendesen a tódolos humanos que cada quen tivese ó seu arredor.

Agora tamén, menos os políticos. A pesar dos deputados cataláns cantando cancións navideñas, a pesar das vacacións parlamentarias, a pesar dos cento e pico de días ós que teñen dereito os primogobernantes galegos, hai un vento de xenreira nos ambientes hispano e galego como se algo cheirase a podre no noso contorno en lugar destar baixo a "sombra de aire na herba" como quería o poeta.

O caso é que case todo vai bastante ben: medran as hipotecas arredor dun vintecinco por cento porque nos da por consumir coma tolos; o crecemento económico hispano vai estar neste ano entre o 3 e o 4%, o doble da Unión Europea; as contas públicas vanse pechar con máis do un por cento de superavit; melloran as cifras do paro a niveis dos paises ricos da U.E.... Pero como os temas económicos non son problema, hai que buscalos e así hai que pensar en reforma-la constitución; hai que cargarse os actuais estatutos para substituílos por outros moito máis avanzados; hai que demostrar -na esfera política- que hai tantas diferencias entre os contrarios e nós que só pode existir entrambos un estado de guerra declarado ou latente que en calquera momento cristaliza nun enfrentamento físico.

Moitos pensabamos que o mundo camiñaba hacia un estado de benestar e de progreso, con pacífica solución para todo tipo de conflictos. O 11S, nos Estados Unidos, veunos poñer de manifesto o equivocados que estabamos ó comezar unha nova era de enfrontamentos e crisis solucionadas con violencia.

Sabemos que Galicia é como un punto nunha esquina doutro punto perdido na inmensidade dun planeta. Pero, dun ou doutro xeito, reflectimos as mesmas situacións, os mesmos problemas, os mesmos desexos de solucións que outras infinitas comunidades humanas que loitan por sobrevivir nun ambente difícil.

Pero esto ten solución. Mellor dito: Estamos nesa solución. Polo menos, a xente do común, a que traballa a cotío, a que se responsabiliza do seu papel na sociedade, están poñendo pequeniñas solucións ós milleiros de problemas de tódolos días. Só compre que os seus representantes, os seus gobernantes, os responsables sociais, teñan esa mesma responsabilidade e aporten solucións ós problemas xerais.

Polo demáis, esto -se non se lle poñen atrancos- móvese. Case vai só.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES