Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Maldito luns

lunes, 14 de julio de 2014
Ben mirado, posiblemente non teña a culpa o luns. Os luns. Pero a miña experiencia dime que os luns son días aciagos para min.

En tempos laborais, eu xa sabía cando saía da casa que aquel luns, durante a mañán, eu tiña que tragar tres ou catro sapos que, sen lugar a dúbidas, me ían caer encima no decurso da mañá. E así acontecía. E agora que os tempos xa non son laborais, senón que se supón son de lecer aínda que non acabo de enterarme, tamén.

Os luns son os días en que un recibe chamadas inopinadas de xente que recapacitaou durante a fin de semana, que elucubrou, ou decidiu sobre algún tema que estaba pendiente. Ou peor: que xa estaba decidido e o trasacordo o fixo rectificar.

Oe, que pensei mellor aquello, e que do dito non hai nada, podía ser a fórmula tipo para aplicar aos luns pola mañán. ¿Será que a nosa xente dedica a pensar as fins de semana? Será que como non hai moito que facer a cabeza empeza a baduar e logo pasa o que pasa?.

Os máis días non pasa eso. Ou pasa dentro dunha normalidade, pero os luns son anormais.

Pásame sempre... Hoxe é luns, pois a prepararse a recibir algunha losqueada. Lémbrame un cartel que adoita estar colocado nalgunhas oficinas, que proclama: “Hoy es un día magnifico... verás como viene cualquier cabrón y lo jode!” (sic ).
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES