A foto é de Txaro Gallego, pero o camiño é de Millares; ¡unha aldeíña, non, unha aldeaza, das poucas que quedan! Se a queren visitar, tamén é accesible pola estrada LU 750. Daquela freen, aparquen, e pisen os arredores, por nevados que estean ¡que xa quixese o Val de Josafat parecerse a este!
Unha boa nevarada é o que precisa esta España pecadenta para neutralizar os nosos pecados; ¿non se di que, Año de nieves, año de bienes? Purificada esta terra, volverá
a reír la primavera, que por cielo, tierra y mar se espera! ¡Iso querían, iso propuxeron, José María Alfaro e Pedro Mourlane, pero eu quéroa sen outras frechas que non sexan as do amor, as do amor fraterno, unha soa España, ¡unha, e que sexa grande, e libre, iso si; redimida dos seus pecados, dos históricos, tantos que ten, que temos!
Agora, neste XXI, os ricos soben en telecadeiras e baixan en esquíes, pero ignoran aqueles praceres do XX, aquilo de ir de pobo en pobo, atravesando as serras, a pé ou dacabalo, atrochando a neve. ¡A natureza hai que gozala ao natural, sen trebellos mecánicos!
¿A qué se parece a crise socio-económica actual? ¡Ao meu entende a unha nevarada, unha nevarada xeral que nos arrefría a alma, pero que, á larga, será beneficiosa porque nos volverá a mostrar os camiños naturais, sen asfaltos artificiosos, sen petulancias! Para petulias, ou petunias, que
igual dá, mellor as do meu xardín.
¿Son, ou non son, primaverais?
-.-
¡Quero listas abertas, e políticos de carreira!
"Los políticos y los pañales hay que cambiarlos frecuentemente..." Esta idea non é miña, pero tampouco a roubei, que ma mandou por correo electrónico un parente da miña dona, que é Médico, e por tanto supónselle experto en hixiene. Por parte, outro bo amigo, un Economista práctico, ¡que tamén os hai!, casualmente no mesmo día, mandoume esta alegoría:
Aceptadas estas ideas, permítome apostilar: ¡Abaixo as urnas actuais, que son fráxiles, e con elas, as ferramentas enferruxadas! ¡Paso ao teleproceso, autenticado con lectores da firma e do DNI.
Primeira fase, primeira resolución: ¡Listas abertas, pero non en urnas de barro, por se acaso, para non volver aos pucheirazos!
Tan abertas que:
-Só se poda marcar un nome, o daquel que mellor expediente persoal presente, ao noso criterio, posto que lle imos dar poderes, plenos poderes administrativos.
-Ao cumprirse o ano do seu mandato, publicará por Internet un exame de conciencia cos seguintes puntos: Qué parte fixo do que prometeu, e causas que lle impediron cumprir o resto. Trapos sucios que atopou nas Cortes, e deterxente que utilizou para tentar de lavalos. Incrementos e/ou diminucións patrimoniais, plenamente xustificados. Promesa solemne de dimitir nun prazo de tres meses se non se sente capaz de seguir co seu programa electoral. A súa vacante non sería cuberta ata as eleccións seguintes, posto que quedarían Pais da Patria de sobra cos que merecesen aprobar, en sondaxe pública.
Na primeira lexislatura aprobaríase ¡por unanimidade!, e do que non, convocaríanse novas eleccións, un Plan de Estudios para a carreira de Administradores Públicos, de inmediata execución, con tres titulacións: Titulados de Administración Local, que sería esixible en todo tipo de concellos, por cativos que sexan; con tres cursos. Titulados de Administración Autonómica, con seis cursos. E a Superior, de Titulados da Administración Central, con nove cursos, e neles, tres ou catro idiomas, ademais do castelán, por suposto.
Segunda fase: Eliminación dos analfabetos en Política Económica, que serían substituídos precisamente polos aprobados de carreira, neste Plan de Administradores.
Corpos á parte serían os Xuíces e mailos Interventores, para os que se estudaría un rigoroso Plan electivo.
¡Dixen!
Faloulles o Contribuínte,
Xosé María Gómez Vilabella.
/
Gómez Vilabella, Xosé M.