Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Referendos

lunes, 14 de julio de 2014
Anda o galiñeiro cultural un tanto alporizado dende que o pasado sábado pola mañá a Real Academia Galega decidiu concederlle o honor de ser homenaxeado o Día das Letras Galegas ó polígrafo pontevedrés Xosé Filgueira Valverde en contra doutros candidatos que por proposta interna dos distintos académicos tamén estaban "nominados" para tal honor, entre eles a poetisa Xela Arias, o poeta da Terrachá, Manuel María e o máis polémico de todos, Ricardo Carballo Calero.

Como pode comprender, benquerido lector, non vou perder un segundo só en debullar os merecementos duns e os desmerecementos doutros para teren sido considerados e mesmo para ser elixido aquel que foi, xa que logo, iso é o que lle corresponde ó Plenario da Real Academia Galega, que é, digo de paso, unha asociación cultural de carácter privado, por máis que lle teña sido concedida por parte das institucións un imporante papel no denso e necesario traballo de fixar, recompilar e darlle esplendor á nosa lingua.
Onde si me vou deter é na deriva contestataria pola transitamos e que nos leva a mobilizarnos por todo canto non vaia ó ritmo que nós marcamos (e cando digo nós, digo todos). Eu mesmo estiven a piques de montar unha plataforma cidadá esta tempada para esixirlle ó sol que asomara dunha santa vez por nacente.

Entendo que en calquera elección un candidato pode resultar máis atractivo ca outro en calquera dos aspectos polos que son comparados para seren máis ou menos merecentes deste ou daquel outro galardón. Pero unha vez elixido, se es dos que non participan dos merecementos do premiado, non vexo eu que sentido ten poñerse a organizar plataformas e mobilizacións contra iso. Con non participares nos actos que lle organicen tes feito. Creo eu. ¿Ou non?

Como dicía antes, por máis que se perda no tempo a súa fundación, a RAG non deixa de ser unha asociación cultural de carácter meramente privado e, polo tanto, guste ou non guste, da súa responsabilidade -e só dela- é a decisión que democraticamente tomen, tanto respecto do color co que desexen tapizar os vellos butacóns que adornan o despacho do presidente, como para decidir o que agora acaba de decidir, é dicir, o autor do Día das Letras Galegas 2014.

E de non entendelo así, de cara ás próximas edicións dos premios Mestre Mateo ou María Casares, ou mesmo o premio Mellor Mecánico do ano, propoño que se organice un referendo para que "todo dios" opine. E que democraticamente sexa elixida tamén Miss Galicia, que dito de paso, a do ano pasado non crean que me gustou.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES