Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Novas que cansan

lunes, 14 de julio de 2014
Mestura de cousas, de temas. Porque a vida pasa de présa. Porque ando acelerado. Demasiado traballo.
Un curso en galego. Cabeza que ferve. Noticias que cansan, que aburren. Varios anos xa escoitando de mañá cedo o tema da crise, as novas de economía. Sempre é o mesmo. Estamos mal, si. Pero que cho recalquen unha e outra vez cansa.

Ás veces opto pola solución de empurrar unha cinta na vella casete, e aí é onde a música amansa as feras. Outras veces, se sigo aguantando a emisora é porque sempre confías un chisco en novas distintas, en algo que che faga murmurar ou emocionarte.

Pero nada, a maldita crise, a aburrida economía chouta dun xornal a unha emisora, dun locutor a un escritor, a un periodista. Sempre o mesmo. Estamos mal, si. Pero, por Deus!, non o refreguemos aínda máis.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES