Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Filgueira Valverde

sábado, 12 de julio de 2014
Cando aínda está recente a festa das Letras Galegas deste ano, dedicada ao noso paisano, o chairego Xosé María Díaz Castro, xa se coñece cal será o persoeiro a quen se lle dedicará o ano 2015 esta celebración: Xosé Filgueira Valverde.

O tema é responsabilidade da Real Academia Galega, onde os académicos propoñen nomes de persoas relevantes, e o pleno decide, por maioría de votos, a quen se vai honrar co maior galardón póstumo a quen deu gloria ás letras de Galicia. O ano pasado houbo tres propostas: Díaz Castro, Fiz Vergara Vilariño e Xosé Filgueira Valverde. Os tres relacionados con Lugo. Este ano foron cinco, todas relacionadas tamén coa nosa provincia.

Figuraban na pentaproposta Manuel María, o gran poeta da Terra Chá; Xela Arias, con raices nas terras de Sarria; Celestino Fernández de la Vega, lucense do que neste ano se cumple o centenario do nacemento; Ricardo Carballo Calero, ferrolano de nacemento que en Lugo desenvolveu un moi importante labor de docente; e Xosé Fernando Filgueira Valverde, pontevedrés, que en Lugo foi profesor do Instituto, entón no Pazo de San Marcos.

Ao coñecerse a proposta, voces do mundo da política téñense pronunciado en contra desta denominación, por estimar que Filgueira non ten o perfil político preciso para ser honrado con esta distinción, esquecendo que o que se premia é o traballo literario, e neste eido Filgueira foi un intelectual total, o polígrafo máis importante do seu tempo, con fondas investigacións, traballos de creación, prosa ou poesía, con especial incidencia na filoloxía, destacando o seu papel en relación co Seminario de Estudios Galegos, de que a el se debe o nivel do Museo de Pontevedra, sendo unha anécdota dentro da súa traxectoria cultural, o ter sido Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, e durante moitos anos alcalde de Pontevedra.

Bótaselle en cara a Filgueira o ter sido galeguista destacado durante a República e terse acomodado despois para vivir durante o franquismo sen perigo para a súa carreira e para a súa vida.

Falamos dun Día das Letras Galegas. Filgueira foi un grande, moi grande, das nosas letras. E a estas alturas da vida e do século, é o que verdadeiramente importa.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES