As miñas amigas e meus amigos da rede
Mato, Xesús - lunes, 26 de diciembre de 2005
(Á beira e dentro do rico e fermoso camiño da vida)
Coma daquela, cando o Neno Xesús tivo que nacer nun cortello de Belén, garimosamente querido e acollido no colo de María e na compaña de Xosé, ao calor dunha familia itinerante, sen recursose a piques de ter que emigrar a Exipto por mor do poder político
Tamén, hoxe. Deus segue a nacer nos arrabaldos sen nome das nosas grandes cidades (feitas para os ricos/poderosos) e/ou a nacer (¡mesmo morrer!) nas conxeladas augas e pateiras do Estreito e/ou Canarias e nos corazóns magoados de tantos inmigrantes sen papeis, sen traballo, sen teito, sen amor
¡e con fame!. ¡Que o saibamos ver e atopar, alomenos os que sabemos a Historia e estamos a vivir este Nadal 2005/2006! A ver se, entre todos e todas, por enriba das nosas crenzas e opcións políticas, somos quen de acoller e dar pousada a tantos nenos xesús que chaman e berran ás nosas portas e lles devolvemos a esperanza e a ternura que Xesús trouxo ao Mundo.¡Que tola, incoherente e absurda ten de aparecer ante Deus, ante todos os nosos irmáns e ante a propia conciencia, a prepotente e repugnante intolerancia xunguida ao balbordo e ao abafante e despiadado consumo globalizado.
A ter presente, benqueridos amigos e amigas: ¡¡os auténticos vigairos de Cristo na Terra seguen a ser os pobres e empobrecidos!!!
¡¡ FELIZ NOITEBOA E FELICES PASCUAS DO NADAL!!

Mato, Xesús
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora