Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Farjas, Moliner e Ausbanc

viernes, 11 de julio de 2014
Pilar Farjas Abadía é Secretaria Xeral de Consumo, no Ministerio presidido por Ana Mato, desde finais de 2011. Para ocupar ese posto deixou a Consellería de Sanidade de Galicia, onde estaba desde 2009. Antes de todo isto fixera carreira profesional no mundo da Saúde Pública acadando certa notoriedade como experta en vacinas. Tamén é coñecida polo seu fervor relixioso (Romay comparouna con Santa Teresa).

No barrio de Labañou, na Coruña, aínda lembran os seus tempos de catequista. Mais isto non foi obstáculo para que apoiase medidas tan duras como o Real Decreto Lei 16/2012 (que exclúe da cobertura sanitaria a centos de miles de persoas), ou a resolución de setembro de 2013 (que obriga ao copagamento dos fármacos de dispensación hospitalaria aos crónicos con doenzas graves). Era tan cruel esta norma que as CCAA non chegaron a aplicala.

Ignacio Moliner Robredo é un alto cargo (director de comunicación) do BBVA e está casado con Pilar Farjas. Mais ese non é o único vínculo entre ámbolos dous. Moliner Farjas SL1 (posteriormente denominada Activitas Inversión Inmobiliaria SL) é o nome da empresa constituída polas familias Farjas e Moliner.

A empresa participa en diversos negocios. Por exemplo: BBVA vende vivendas de Activitas. Unha das promocións de vivendas da empresa Activitas figura entre as ofertadas na plataforma Anida (considerada o “banco malo” de BBVA); é unha promoción de 75 vivendas co nome de “Residencial Calcio” en Madrid.

Hai membros da familia que obteñen outro tipo de beneficios: Concepción Moliner –irmá de Ignacio-, foi nomeada directora do hospital Miguel Servet de Zaragoza, cando levaba máis de tres anos no paro, despois de licenciarse en Medicina en 2006.

Xa vemos que a relación entre Moliner e Farjas non se reduce exclusivamente ao vínculo matrimonial. A asociación de consumidores Ausbanc ven de denunciar publicamente o que considera “acoso por parte de Ignacio Moliner, que foi executado co apoio e colaboración de Pilar Farjas, presidenta de Aecosan (Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición)”. Esta organizacion asegura que existe unha “estraña coalición” entre ambos para prexudicar a Ausbanc; o certo é que poucos días despois de que unha sentenza do Tribunal Supremo (a instancias de Ausbanc) obrigara ao BBVA a eliminar as “cláusulas chan” das súas hipotecas, Aecosan, presidida por Farjas, admitiu a trámite unha denuncia de dito banco contra a asociación.

Ausbanc está inscrita no REACU (Rexistro de Asociacións de Consumidores e Usuarios) desde primeiros de 2012, o que lle permite acceder a subvencións públicas e participar nas reunións do CCU (Consello de Consumidores e Usuarios), actualmente presidida por Manuela López Besteiro (que foi conselleira nos tempos de Fraga). Ausbanc, no seu escrito, é moi contundente con este organismo: “el CCU es la olla en la que se cuece el reparto de fondos en forma de subvenciones. Es un nido de corrupción”. Despois do “acoso” realizado por Moliner o BOE publicou, no mes de maio, a expulsión de Ausbanc do Rexistro, “cando xa tiña solicitada a baixa voluntaria”. Se cadra esta historia non está completa, e outros poderían aportar máis datos2. Pero Ausbanc finaliza o seu relato3 cunha conclusión: a clave está nos lazos familiares e económicos entre as familias Moliner e Farjas.
http://pablovaamonde.blogspot.com.es/


1.- hhttp://www.mercado-dinero.es/Consumo/7403-moliner-farjas-s-l.html
2.- http://www.finanzas.com/noticias/empresas/20140618/consumo-expulso-ausbanc-registro-2695025.html
3.- http://www.ausbanc.es/web/Corrupcion_en_el_mundo_del_consumo_espa%C3%B1ol_2014626134723.asp
Vaamonde, Pablo
Vaamonde, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES