Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pensando nos fillos

jueves, 10 de julio de 2014
No tardofranquismo –anos 60- primábase ás forzas armadas, garda civil e policía con prazas na Administración civil do Estado. E, chegados a unha determinada idade, estes funcionarios militares podían pasar a destinos civís, desempeñando prazas administrativas segundo as súas capacidades e o nivel do seu emprego militar, e en Lugo numerosas prazas da Administración civil estaban cubertas por militares en destinos civís.

Pero unha cousa era o funcionamento deste sistema e outro o que se publicase nun medio informativo, sometido a un riguroso control, e un xornalista lucense pasou pola Comisaría de policía e coido que chegou a estar brevemente no cárcere por un artigo no que afirmaba que, como quería que o seu fillo fose funcionario do Estado, faría que entrase na policía ou no exército para poder conseguilo con comodidade.

Medio século despois non son os militares nin as forzas da Seguridade do Estado os especialmente beneficiados co que antes se supoñían canonxías administrativas, senón que o pai preocupado polo futuro dos fillos o que ten que facer é meterse ou metelos en política, excelente camiño para o funcionariado.

E non me refiro de xeito especial aos 104 contratos que supostamente a dedo asinou o outrora todopoderoso Presidente da Deputación de Ourense, José Luís Baltar (que tamén!), senón a que son os partidos políticos con mando en praza, en calquera praza, os que se convirten en conseguidores de acomodo para os seus militantes, en razón directamente proporcional á capacidade de control das institucións, e dos chiringuitos que delas dependen.

Xúlgase a Baltar por 104 contratos presuntamente a dedo. E pode que sirva de “aviso a navegantes” para o futuro. Pero, como ocorre con todas as mantas polas que se tire, milleiros de persoas están a sorrir sarcásticamente pola novidade do proceso, outros tantos senten un arrefrío nas costas pensando en que lles puidera ter pasado o mesmo, e moitos cadáveres estarán removéndose nas súas tumbas vendo como se están poñendo as cousas.

Agora non se vai ao cárcere por denunciar sistemas pouco claros. E poida que desde agora se coiden máis as formas. Pero o descrédito da política e dos políticos ven, precisamente, de cousas así (e peores), ata agora consideradas do máis normal do mundo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES