Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un feliz verán!

jueves, 10 de julio de 2014
Querendo ou sen querer, estamos no mes de xullo. Para uns moi esperado, para outros menos; pero en calquera dos casos estamos no verán. É tempo de vacacións para moitos e tempo de duro traballo para outros moitos.

En calquera dos casos o meu desexo é que todos teñamos un feliz verán.

¿A que se lle pode chamar un feliz verán?

Pois ó meu humilde entender, o primeiro e o máis importante é ter saúde.

Moitas veces queixámonos de ter este e aquel problema, pero –para min- o verdadeiro problema é a falta de saúde. Os outros todos teñen amaño, se non é dunha maneira, é doutra.

Unhas veces sáennos as cousas como temos previsto e daquela dicimos que todo vai ben ou non dicimos nada porque cando estamos ben non valoramos na súa debida medida o benestar do que gozamos.
Soamente sabemos o que vale unha cousa, cando sentimos a falta dela.

Se souibéramos valorar todo o bo que temos, comprenderíamos que temos o necesario e suficiente para estar ben.
Moitas persoas tendo moito menos que nós dan fe do que digo. Eu admíroas porque saben ser felices con moi pouco porque son das que din que:
“O que se amaña co que ten, está sempre ben”

Pero como normalmente non valoramos o que temos, pasamos unha boa parte da vida gastando un tempo precioso en queixas inútiles.

¿Non sería máis aconsellable dedicar ese tempo a algo máis positivo e enriquecedor?

Pois retomando a cuestión, o feito de ter saúde xa debería ser sufiente; pero se ademais da saúde temos a sorte de ter traballo ou calquera outro medio de vida , de ser persoas amadas e –por se esto fora pouco- aínda podemos darnos algún capricho, mellor que mellor.

Os caprichos que podemos darnos son tan variados como as mesmas persoas:

-Para unha que vive do traballo de verán, o seu capricho consiste en ter traballo aínda que teña que suda-la camiseta.
Neste caso poden encontrarse moitas persoas de diferentes idades:
-Xoves que se buscan un traballiño no verán para poder pagarse os estudios o curso seguinte.
¡Cantas persoas xoves se encontran nesta situación!
Para elas un bo verán consiste en gañar algúns cartiños para cumpri-los seu soño: poder estudiar.
Así tivemos que facelo moitas outras e non nos arrepentimos. Todo o contrario.

-Persoas adultas desempregadas que aproveitan que no verán se move máis xente co gallo das vacacións e traballan na hostelería. Para elas un feliz verán consistirá en levar á casa alguns cartiños para tapa-las faltas máis grandes da familia.
Este período será para elas unha bendición que lles permitirá sobrevivir e facer fronte ó novo curso escolar, sobre todo se teñen nenos ou xoves ó seu cargo.

-Persoas que están desexando que cheguen estas datas para re-encontrarse cos parentes que teñen lonxe e xa fai tempo que non teñen a oportunidade de vérense, abrazárense e compartiren experiências varias.
Tanto as convidadas como as anfitrionas, prepararon con amor este acontecemento familiar desde a última vez que se viron. Para elas un feliz verán consisitrá en compartir coa familia uns días para amañar asuntos e estar xuntos.
Uns días xuntos…
¡Que gozada!
¡Como tira o sangue!

-Persoas que xuntaron uns aforros para desprazarse a visitar lugares que fai tempo tiñan ganas de ver.
Para elas un feliz verán consistirá e ver aquelo que nunca viron, volver á casiña con ben unha vez cumprido o seu desexo e contar á familia e ós amigos o ben que o pasaraon, cantas cousas viron, anécdotas, curiosidades...Enriquecemento cutural.

-Persoas que lles toca pasar por un hospital para resolver aquel probema que tanto lles preocupaba. Para elas un feliz verán consistirá en quitarse de encima aquel mal que non as deixaba descansar tranquilas.
Vaia para elas o desexo dunha pronta recuperación.
Para elas o día que saen de alta do hospital co problema resolto ou em vias de solución, é un día de festa maior e con saber que recuperan a saúde, xa teñen motivos suficientes para pasar un verán feliz.

¡Como se valora a saúde cando estamos a piques de perdela!
Eu comprobeino en carne propia en máis dunha ocasión.
¿E vostede?

¡Canto teríamos que agradecer a tódalas persoas que nos axudan a saír do temible bache!

¿Agradecemos debidamente o papel do persoal sanitario?

¿Que sería de nós se non houbera quen nos botara unha man cando estamos enfermos?

-Persoas que nunca fan vacacións, persoas que teñen unha dedicación plena ós seus labores de toda a vida e só descansan canto teñen que facelo por unha circunstancia especial. Para elas un verán feliz consiste en que non pase nada fora do cotián.

-Persoas que teñen a sorte de facer vacacións tódolos anos por estas datas e séntense moi a gusto indo a aquel lugar que levan indo moitos anos porque existen lazos de amistade e –cando chega este tempo- o corpo pídelles repetir aquelas expereincias das que levan gozando tanto.
Parece que mentres non chegan elas, falta algo naquel lugar, porque contan con elas como un membro máis daquela comunidade.
Aínda que poida parecerlle mentira, tamén se dan casos así.
E outros moitos.
Podería haber tantos como persoas… Cada un sabe a súa vida…

Non sei en cal dos casos se pode encontrar vostede.
En calquera caso deséxole ¡UN VERÁN FELIZ!

Se mo permite voulle dicir que: “O meu caso é o último”. Son unha persoa que se sente feliz alí onde é querida e valorada.
Me parece que eso pásalle a todo o mundo.

¿Quen non precisa sentirse valorado e querido?

Aínda que por veces nos encontramos no camiño da vida con persoas que parece que “ nin fu nin fa”; aló no fondo do seu corazón seguramente agradecen que se lles teña en conta.

Para min un verán feliz consistirá:
-En ter unha boa viaxe tanto de ida como de retorno.
-Re-encontrarme coas persoas que me están esperando cos brazos e o corazón abertos.
-Encontralas ben de saúde, aínda que o paso dun ano deixeara algunhas pegadas visibles a simple vista.
-Compartir con elas felices momentos.
-E poder manifestarlles o meu aprecio e a miña axuda incondicional para canto poida serlles de utilidade, do mesmo xeito que elas o fan comigo.

Chegado este momento teño que facer especial fincapé no valor da amistade.
Hai amistades que me traen á miña mente aquela frase que un día dixo Xesús de Nazareth cando os discípulos lle daban présa porque o estaban esperando os seus parentes.
El responde:
“A miña nai e os meus irmáns son os que escoitan a palabra de Deus e cúmprena”

¡Moito me gusta esta frase!
A parte de saír dos beizos de quen saiu... eu comprobo as súas consecuencias na miña propia carne.
Teño a sorte de estar rodeada de persoas así.
É unha riqueza de valor incalculable.
Neste caso síntome unha privilexiada.
Privilexios, haber, hainos.
Este é un dos que debíamos poder disfrutar todos.

Afortunadamente na miña vida existen moitas persoas dese tipo. Para min son as mellores. Contar con elas é un auténtico regalo do ceo.
Ou seguramente xa é un boadiño de ceo aquí e agora.
¿Non lle parece?

Son persoas que te enriquecen coa súa presencia.
Persoas que che ofrecen canto teñen e canto son.
Persoas que podes contar con elas para calquera emerxenica.
Como adoita decirse: “Son persoas que están aí”
Persoas que podes botar man delas no momento en que as necesites.
Persoas así teñen un espazo no teu corazón e poder pasar unhas vacacións na súa compañía é unha auténtica gozada.

Seguro que vostede coñece moitas persoas así, porque habelas, hainas. O caso é dar con elas.
Seguro que vostede tamén é unha desas persoas que se deixa querer ou que se fai querer.
Especialmente por esta razón, é pola que vostede vai ter un verán moi feliz.
Disfrute moito deste verán e lembre que é o primero e máis o derradeira verán do ano 2014.
¿Ou o collemos, ou o deixamos?
¿Que lle parece?:
“Será mellor collelo aínda que sexa polos cornos”
A deixalo xa chegará o tempo...

¡Que teña un feliz verán!

Graciñas por terme na sú valiosa consideración nesta ocasión.
Grazas a persoas como vostede, podo seguir escribindo sobre diferentes temas que intentan non deixar indiferente a quen os le.
Graciñas, outra vez.
O seguinte artigo titularase:
“GRACIÑAS, OUTRA VEZ”
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES