¿Rexeneración ou Dexeneración?
Cardalda, Theo - miércoles, 09 de julio de 2014
Desde o Preguntoiro: ¿Rexeneración ou Dexeneración?
Xa levo un tempo erguéndome pola mañá tragando sapos que veñen disfrazados de corrupción, de saqueo do público e leis retrógradas; agora intento ler despois de tomar o café o que ven nos medios con manipulacións que dan noxo (excluíndo as necrolóxicas), xa que se leo antes teño que rexeitar o almorzo.
Agora o presidente do Goberno co seu talante democrático intenta rexenerar a democracia e propón trocar a lei electoral das municipais e que lle permita elixir alcalde. Algún líderes políticos xa saíron dicindo que isto é un golpe de estado. Coido que xa se fixo este golpe cando fixeron caso omiso á Constitución co artigo 135. Non é esaxerado, definir como golpe de estado o que pretende o PP coa lei electoral, senón é así ¿que é?.
Levan toda a lexislatura trocando leis que moitas delas teñen que ver coas liberdades e a democracia (llo ven dicindo a ONU), a iso chámaselle ditadura de baixa intensidade, eu o entendo así desde a miña experiencia da loita antifascista. Pódese darlle un repaso a estes dous anos e medio, e ollaremos as normas e decretos leis que veñen tocando esta xente e veremos onde estamos.
Esta rexeneración non deixa de ser un eufemismo máis dos que estamos a escoitar. Este troco da lei electoral sería a penúltima puñalada á democracia. Coido que non se pode reformar esta lei electoral sen consenso, pois é algo de todos, os maioritarios e minoritarios; máis sabendo que a maioría absoluta do PP xa non é tan real nas rúas. Ou sexa con premeditación intentan cargarse o artigo 140 da Constitución.
O poeta Rafael Alberti escribira o poema Galope que púxolle música Paco Ibáñez, onde remata co verso: ¡A galopar....a galopar...hasta enterrarlos en el mar!.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora