Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ao Cristo Subsahariano

miércoles, 09 de julio de 2014
Ao Cristo Subsahariano
Irmán subsahariano de Melilla
que este ano, a fin de marzo, na procura
de acadar tras os valos, acollida,
de Cristo deches vivísima figura.

Vinte na tele e logo no xornal
empoleirado a dez metros de altura
rei da verdade no alto do fanal
denunciador de inxusta pechadura.

Vinte e pechei os ollos porque mancas,
non ousei ollar fixo aínda que curas,
só de esguello mirei, coa vista baixa,
¡Hai tanta luz na túa cruz escura!

Algo en min se avergonza só con verte
algo me impide ollarte con dor pura:
o egoismo que en min vive e me tece,
é quen atoa as bágoas da tenrura.

O egoismo é quen de ti me arreda
quen me retén a indignación madura,
quen me mantén ao lonxe e quen me frea
de amarte con paixón xusta e segura.

Grazas irmán por seres tan valente,
por non renderte en busca da ventura,
grazas porque me chamas novamente
a rexurdir contigo da tristura.

Crea oh Deus en min corazón novo
ollos novos de nova creatura,
que te vexa nos pobres do teu pobo
que acolla neles a túa fermosura.

Que non me engane o interese fato
nin me cegue da túa luz segura,
que o teu amor en min, sé Ti o meu amo,
logre a entrega veraz, sen imposturas.
Miguélez, Xosé Antón
Miguélez, Xosé Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES