A Uned Senior Eume-TerraChá na Costa do Sol
Coincidindo coas viaxes de fin de curso da rapacería en idade escolar, a
UNED Sénior tamén aproveitou a semana do quince ó vinte de xuño de
2014 para dirixirse á Costa do Sol acompañada polo seu Coordinador Luís
Ángel Rodríquez Patiño.
O lugar elixido para hospedarse foi Torremolinos con escala en Madrid
para face-la viaxe máis levadeira e aproveitar o paso pola capital do
Reino para visitar á volta o Real Sitio de Aranjuez.

Os lugares a visitar na Costa do Sol foron: Torremolinos, Benalmádena,
Málaga e Ronda con tódolos seus encantos.
Málaga ofreceunos a súa Catedral, o seu Teatro Romano, o Castelo de
Gibralfaro, a Alcazaba, o Palacio Episcopal, a Aduana, o Concello, o
Palacio de Congresos, o Museo Picasso e a calle Larios, entre outros moitos.
Como o sol lucía espléndido cada cual optou por visitar o que mellor se
lle acomodaba ás súas necesidades tendo en conta as circunstancias
persoais.
Para moitos de nós a Rúa Larios é o eixo principal desde donde puidemos
dirixirnos ó Museo Carmen Tysen, tomar un viño para repoñer forzas e pasar pola Catedral, seguindo pola Alcazaba, botando un vistazo ó Teatro Romano e cun lixeiro e paseo pola rota Picassiana demos por rematada a visita.
Para dirixirnos a Ronda, serpenteamos a súa Serranía aproveitano para
ver desde as alturas como o Mediterráneo bica as poboacións costeiras
superpoboadas pola abalancha de turistas que visitan aquelas terras e
disfrutan das súas augas, do seu sol, do pescaíto frito e outros praceres.
Unha vez superados os mil metros de altitude sobre o nivel do mar,
encontrámonos con Ronda -a cidade con máis poboación da provincia despois da capital- onde tivemos ocasión de visitar a Casa Palacio MUSEO LARA coas diferentes seccións que nos mostraron a riqueza da cidade en diferentes salas dedicadas a:
-Reloxios, Armas, Fotografía e Cine e Sala Romántica correspondentes ós séculos XVIII-XIX.
-Unha sala adicada a Instrumentos Científicos correspondentes ós séculos
XVII-XIX.
-Un Museo Arqueolóxico onde se mostran pezas desde o século IX antes de Cristo ata o século XII despois de Cristo.
-Unha exposición sobre a Bruxería e a Inquisición, que dan moit que pensar...
-Unha sala adicada a Frai Leopoldo de Alpendaire e coleccións variadas sobre algo de todo; desde máquinas de escribir, teléfonos, misais de comunión, abanos, plantas medicinais e outros
E para ramatar un paseíño pola cidade que mostraba a rúa central abarrotada de transeúntes e preciosos escaparates onde te encontrabas de todo e algo máis.
Tamén aproveitamos para visitar os xardíns de Benalmádena, e o seu
Mariposario, ademais de disfrutar en Torremolinos da praia, dos paseos de obrigado cumprimento polas tendas, do disfrute nas súas terrazas abarrotadas de turistas e algúns bares onde ofrecían sabrosos viños da zona.
Á volta tiñamos a visita concertada para ve-lo o Real Sitio de Aranjuez,
onde puidemos disfrutar do que alí se fixo durante os reinados de Carlos
V, Felipe II, Fernando VI e Carlos III durante dous centos anos e do que
todos disfrutamos a día de hoxe, como Patrimonio Nacional.
Ademas de aproveitar para coñece-la historia e a cultura do noso país,
estas viaxes ofrecen unha serie ilimitada de posibilidades para convivir,
socilizarse e poñer en práctica o mellor de nós; virtudes tan importantes
como a solidariedade, a compañía, e a amistade. Todos pendientes de todos para que non lle falte de nada a ninguén.
E o noso Coordinador sempre ofrecendo as mellores posibilidades de cada
momento no tocante a relacións humanas, calidade, prezo e enriquecemento afectivo e socio-cultural.
Retornamos cansados pero felices, polo que damos por acadados os
obxectivos propostos.