Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Humor e ideoloxía en tempos convulsos

lunes, 07 de julio de 2014
Humor e ideoloxa en tempos convulsos Dentro duns días Ferrol acolle o 17º Curso de Pensamento “Carlos Gurméndez” que outrora tiña lugar na Vila dos Andrade e que por razóns que agora non veñen ao caso tivo que expatriarse á Cidade Departamental. O Curso xa vai na súa 17ª edición logo de percorrer materias e argumentos encadrados no que se dou en chamar “pensamento contemparáneo” e é a estas alturas o curso de verán que en Galicia ten mellor acollida por parte dos profesores, alumnos e público en xeral, cunha media de asistencia que supera á doutros eventos similares.

Este ano aborda o tema do humor e a ideoloxía en tempos certamente turbulentos tendo como fío condutor a José Cao Luaces, un debuxante e caricaturista lucense emigrado na Arxentina que chegou a ser considerado aló como un dos mellores caricaturistas do mundo e certamente pouco valorado e non moi coñecido na súa terra natal. O Club de Prensa de Ferrol e a Universidade queren nesta ocasión poñer en valor a figura e a obra deste insigne paisano noso que en América acadou pleno recoñecemento.

Os relatorios abordarán o humor nos diferentes ámbitos dende o humor nos xornais, na música e na guerra ata o humor na política. Un programa o suficientemente atractivo que a bo seguro vai interesar entre outras cousas porque hai cuestións que hai que tratar e velas “seriamente con humor” porque doutra maneira, en puridade, isto sería un calvario. Así pois os dias 9, 10 e 11 de xullo teremos oportunidade de analizar o humor nestes tempos convulsos que nos tocou vivir.

O verán tradicionalmente é considerado coma tempada de lecer, onde déixase aparcada a canseira do traballo para ocupar este tempo en actividades que produzan certo relax para o corpo e tamén para o espírito. O dedicarlle tres días á Cultura pode axudar a temperar os ánimos facendo un alto nas actividades de praia e sol, porque cambiar o chip, malia que sexa por unhas horas, pode ser en xeral beneficioso.

O Curso ven de ser coma un pequeno oasis que da frescor nunha tempada quente no climatolóxico e tamén no social. Ten ademais a vantaxe de contar cunha inscrición gratuíta para todos aqueles que desexen participar e unha homologación de 20 horas para os profesores non universitarios, o que non deixa de ser un acicate engadido.

Non convén esquecer a figura humana e intelectual que da nome ao Curso. Carlos Gurméndez é un personaxe clave na cultura : filósofo, xornalista, cuxos ensaios sobre o amor e as paixóns baseados nunha metodoloxía marxista acadaron gran predicamento non so en España senón tamén fora da nosa raia.
Foi moi amigo do Club de Prensa, de aí que se decidira dar o seu nome a este Curso poñendo no prato da balanza a dicotomía de amigo e de sobranceiro intelectual.

Non é doado organizar un curso coma este: é preciso manexar as claves que leven a unha coherente argumentación e coordinación, pero tamén é imprescindible contar coas axudas necesarias para levar adiante o proxecto, e para iso están os patrocinadores: a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña que xunto coa organización do Club de Prensa , a Universidade e o Concello coa colaboración tamén de “Amigos da Universidade” fan posible a súa posta a punto. Vémonos pois no salón de actos do Vicerreitorado no campus de Esteiro.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES