Estreliña que brillas no ceo
González Fernández, Brenda - viernes, 23 de diciembre de 2005
Sempre te recordo ó chegar o Nadal,
na casa dos pobres, quítalles o xeo,
mátalles a fame, mándalles o pan.
Estreliña que brillas no ceo,
que brillas na terra, que brillas no Seixo,
que brillas nas augas das ondas do mar.
Estreliña que brillas no ceo,
a miña imaxinación botei a voar,
que subo e te collo, que te teño na palma da man.
Estreliña que brillas no ceo.
Á miña aldea que lle vas a dar?
Hai tantas cousas que vexo e non vexo,
neste fermoso lugar da aldea do Seixo.
Estreliña que brillas no ceo.
Aluma o camiño que leva ó portal,
fai unha estampa no monte co cervo,
fai que haxa no mundo moito amor e paz.
Brenda González Fernández
10 anos. 6º Primaria
Colexio Divino Maestro Lugo
González Fernández, Brenda
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora