Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aniversario dun atentado

lunes, 07 de julio de 2014
No pasado mes de febreiro cumpríronse 25 anos do asasinato dun garda civil na estrada de Irixoa. Era e é o primeiro e o único atentado mortal que consta na curta historia do Exército Gerrilheiro do Pobo Galego Ceibe (EGPGC).

Até entón non cometera ningún delito de sangue e a súa actividade orientábase a atacar aos que consideraba os seus inimigos principais, Unión Fenosa e a banca. Conste que un ano antes do dramático suceso de Irixoa puxera unha bomba no chalé de Manuel Fraga en Perbes, causando serias desfeitas.

A sentenza ditada no seu día consideraba probado que Manuel Quintáns López, Ramón Piñeiro, Juan Carlos Deibe, Francisco Javier Filgueira, Josefa Rodríguez e Alexandra Queirós decidiron apoderarse dos uniformes, armas e material dos membros da Garda Civil que patrullaban por Irixoa. Tras vixiar aos axentes, comprobaron que cambiaban continuamente de itinerario polo que decidiron simular un accidente para atraelos. Alugaron un vehículo e o 1 de febreiro de 1989 secuestraron a un vixiante xurado, arrebatáronlle o revólver e abandonárono en Pastoriza, onde permaneceu atado e amordazado durante unha hora, ata que foi liberado.

Os terroristas dirixíronse ao lugar convido na estrada de Irixoa a Monfero e desde alí chamaron á Garda Civil para comunicar que se produciu un accidente. Á unha da madrugada do 2 de febreiro, cando os axentes Benedito García Ruzo e Antonio Pérez Freire chegaron ao lugar, viron a un membro do comando tendido no chan simulando estar ferido, mentres outros finxían atenderlle.

Cando os axentes baixaron do vehículo, Quintáns atacou a Pérez Freire disparándolle co revólver que lle roubaron ao garda xurado, quedando aquel ferido de gravidade, mentres o resto do comando asasinaba a García Ruzo. Quintáns e Piñeiro foron detidos horas despois nun barranco próximo á estrada, onde se interveu a pistola do vixiante xurado e a do garda civil morto. Quintáns, que quedara en liberdade desapareceu de España e foi localizado en xullo de 1998 na cidade mexicana de Morella, onde traballaba nun xornal local e en 1999. México concedeu a súa extradición, sendo condenado a 72 anos de cárcere en sentenza ditada pola Audiencia Nacional fai agora once anos, no 2003.

O Exército Guerrilheiro do Pobo Galego Ceibe nace no ano 1986 e foi desarticulado practicamente entre 1989 e 1990. Antón Arias Curto, orixinario de Monforte de Lemos, foi o seu ideólogo principal e cumpriu condena até 1995.
Castro, Man
Castro, Man


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES