Agudo de reflexos
							Rivas Delgado, Antonio - lunes, 07 de julio de 2014
							  	Quixo unha pinga de auga caer sobre a miña man dereita, pero vina vir e retirei a extremidade superior a tempo. Para que non me mollara. Asomara á ventá para sacar unha foto. 
Quería deixar para o recordo o lumbrigar deste día e case me queda outro recordo, ese da típica gota que sempre cae onde non debe e cando non debe. Non nos acontece ás veces (os que levamos anteollos) que ao ir pola beirarrúa, zas, sempre nos cae unha gota, tan só unha pinga de auga nun ollo? Mira que xa é complicado meterse por aí, pero faino! 
Hoxe quixo suceder o mesmo; un canlón que deixa caer tan só unha pinga. Menos mal que a vin vir e retirei a man. Andei agudo de reflexos.
							
							
							Rivas Delgado, Antonio
							                                
                                                                  
                                                                  
                                                        
				 
				Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los 
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de  la empresa editora