Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A foto

viernes, 04 de julio de 2014
No remuíño do balbordo informativo que ten xerado -e aínda está a xerar- a vista contra o expresidente da Deputación Provincial, lin no inicio da semana un comentario (non acertaría arestora a poñerlle nome ó autor, nin soporte virtual) que dicía algo así como: "Esperemos que hable la Justicia".

Está claro que na lectura escrita non é doado inserir elementos de énfase que indiquen o ton co que os textos están redactados, pero non sei por qué intuín que aquela espera expresiva levaba implícito o desexo do resultado final dunha condena aínda sen agardar a que, antes de falar, a Xustiza fixese o que ten que facer, é dicir, analizar a verdade xurídica e logo decidir o que xuridicamente lle corresponda.

Loxicamente -repito, no balbordo aínda da barafunda informativo-xudicial- e logo de poñer en evidencia o comentario que acabo de relatar, sería temerario pola miña parte adiantarme con calquera consideración subxectiva ó traballo xudicial que acolle a Sala da Audiencia ourensá.

Sen embargo, máis alá dos pormenores xurídicos e das interpretacións legais ou non legais que a xuíza terá que dilucidar á luz de todo canto durante estes días está oíndo e logo de rexuntalos con todo canto recabou denantes de fixar data para o xuízo oral, creo que arredor deste episodio si que existen consideracións sociais e políticas que son susceptibles de comentar sen caer na trampa de emitir veredicto denantes de que o emita a xuíza ou de permitir que os desexos ofusquen a realidade e acaben por terxiversar a imaxe de fondo que os soporta.

E no marco deses dous contextos, por unha banda o social e por outra o político, dáme a min que para moitos -non así para os arrestos emocionais de José Luís Baltar e de todos cantos están a pasar pola tribuna- o xuízo rematou o mesmo día que se iniciou, a primeira hora da mañá.

E digo que me dá que rematou tan pronto, porque dende a perspectiva política o realmente notable, o que certamente interesaba era "A Foto" -así en letras maiúsculas- da efixie solitaria de José Luís Baltar sentado no banco dos acusados, xa que o resto -sexa cal sexa o resultado final-, todos saben que acabará sendo irrelevante para o acontecer cotián do procesado (que xa supera a idade penal e xa está auto-inhabilitado) e incluso me atrevo a dicir que para o futuro político desta provincia.

E dende a perspectiva social, co que me quedo, unha vez máis, é coa hipocrisía moral na que vive instalada esta provincia, que estou seguro saltaría polos aires se a José Luís Baltar se lle dese por contar toda a verdade que transcende desta peza xudicial.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES