Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por que non consumimos en galego?

viernes, 04 de julio de 2014
En Santiago de Compostela celébranse ao longo do ano moitísimas concentracións populares de diverso tipo: para demandar emprego e solucións para os problemas do agro e do mar; na defensa da sanidade e ensino públicos; na defensa da lingua galega co gallo da celebración do Día das Letras Galegas; Día da Patria Galega, e moitas outras de inequívoco significado nacionalista a teor do uso da lingua galega nas pancartas e proclamas. Podemos afirmar que son centos de miles de persoas as que acuden convocadas por esas razón. Xente que logo normalmente consume en restaurantes, cafeterías e tabernas da cidade sen criterio selectivo antes de regresaren aos seus puntos de orixe.

Engádanlles a estas cífras estoutras: actos sociais de índole familiar ou empresarial en determinadas datas do ano. E non falemos das festas populares que se celebran en Galicia, que rondan a cifra de sete mil. Daquela o consumo dispárase
Se esa inxente cantidade de consumidores actuase con coherencia os produtos galegos, e nomeadamente os etiquetados na nosa lingua, terían gañado un espazo na oferta das áreas comerciais ao tempo que estaríamos a conseguir dous obxectivos: facer viables as explotacións agroalimentarias e a galeguización da nosa economía.

Que ocorre pois para que haxa esa disociación entre as masivas concentracións de reivindicacións nacionalistas e o desleixo no consumo? Unha das razóns está na inexistente pedagoxía para modificar os hábitos de consumo dos afiliados das formacións políticas, sindicais e tecido asociativo, que constitúen unha considerable franxa social. Que proben a poñer en práctica esa pedagoxía e xa veríamos como axiña volveríamos a devolverlles ás nosas industrias agoralimentarias máis posibilidades de negocio e unha galeguización progresiva dos devanditos sectores económicos. O poder que teñen os consumidores modificar os usos lingüísticos das empresas é considerable. Usémolo!.

A Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros (sección do Foro E. Peinador) vén traballando arreo con todas as organizacións sociais para crear conciencia de consumo responsable. O ano pasado a “Carta do Consumo Responsable e Solidario coas marcas que etiquetan en galego” foi asinado por partidos e sindicatos. No acto que celebraremos o próximo día 12 de xullo en Santo André, na antiga reitoral e futura sede do Museo do Viño da Xunta de Galicia, no que formalizarán o ingreso na Irmandade unha trintena de empresas do sector agroalimentario que etiquetan as súas marcas en lingua galega, seguiremos pregoando a vixencia deste discurso. A fidelidade dos consumidores aos produtos etiquetados en galego debe ser o xusto premio a esas marcas.

Galeguizar Galicia é posible. Os datos e o tempo vainos dando a razón. Non abonda con pregoar a nosa galeguidade na retórica das proclamas; cómpre sentido práctico para que cada vez sexamos máis Nós.

(Xosé González Martínez é Presidente do Foro E. Peinador).
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES