Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Música Clásica: Afinación

jueves, 03 de julio de 2014
Interpretación Historicista na Música Clásica: Afinación


Como diría sobre min calquera músico amigo meu, son ardentemente pro-I.H (Interpretación Historicista) ata o final. Nesta serie de artigos vou falar sobre por que creo que é o correcto, e por que debe ser a forma estándar para tocar calquera tipo de música.

O movemento da interpretación historicista é unha escola de pensamento que empezou sobre os anos 70, que consiste en tocar pezas cos instrumentos orixinais da época da peza, e coas súas tradicións musicais.

Hai que ter en conta que non teño nada en contra túa se non che gusta a I.H. Aínda que eu dixen que creo que é a forma correcta de interpreta-la música, gustaríame destacar que iso non significa que eu condeno a interpretación non- historicista, ou que non podo apreciar ou gozar dun rendemento non I.H. En realidade, hai moitas boas actuacións non-historicistas, e está claro que é a vosa elección escoller cal opción vos gusta máis. (Eu aínda teño algúns CDs non historicistas na miña colección de CDs... non llo digades a ninguén.)

Polo tanto, neste primeiro artigo desta serie, quero falar sobre o concepto fundamental da experiencia auditiva da música: a afinación.

É de coñecemento común que hoxe en día a frecuencia estandarizada do tono “La” (La4 en concreto) é 440Hz (Hertz significa vibracións por segundo). Isto é certo na maioría das ocasións, pero falarei sobre isto máis tarde. Tamén é de coñecemento bastante común que a interpretación historicista utiliza a afinación estandarizada de La = 415Hz, que é aproximadamente medio tono máis baixo que o normal. Pero, ¿por que? ¿Como é posible que a definición dunha nota cambie a través do tempo, e como é posible que o saibamos con ista exactitude?

En realidade, ¿como é posible que poidamos estandarizar o valor científico dun concepto totalmente relativo e intrínsecamente subxectivo que é "La"? A resposta é: non podemos. É importante establecer que “La” nunca foi a mesma. Sempre cambiou dun período a outro e dunha rexión a outra.

Pero ¿como o sabemos? Simple: os órganos da época, frautas do período, trompetas, cornos e máis outros instrumentos de afinación non axustable.

A frecuencia de “La” diferiu moito entre as diferentes rexións do mundo occidental no período barroco. Pódese dicir con seguridade que a afinación foi maior no norte do que hoxe é Alemaña do que fora no sur; que a afinación en Venecia foi maior que en Roma; e que a afinación en Francia era un concepto totalmente mutable dependendo totalmente do tipo de música realizado (facede caso ós franceses, eh!).

Tomándose isto en conta, aclaráranse unha serie de problemas. Por exemplo, botade unha ollada a iste fragmento dunha ópera de Monteverdi (Venecia):
Música Clásica: Afinación

Isto é para ser cantado por unha soprano. Agora, unha soprano de ópera de hoxe en día tería que esforzarse para isto, xa que é sorprendentemente baixo. Pero tendo en conta a data e o período no que se escribiu, é máis fácil de realizar, xa que a música lles soaría medio tono máis alta ós nosos oídos adoitados á frecuencia de 440Hz.

Entón, ¿qué importa?

Hai moitos exemplos como os que acabamos de ver da Italia barroca, Francia e outros países: iso xa é unha razón.
Outra razón que é importante, é que a música é percibida de xeito diferente dependendo da súa altura. Para min, a Misa en Si menor de Bach, tocada no que é hoxe un Si, soaría rara.
Tamén é importante para os fabricantes de instrumentos de período, pero, fundamentalmente, é importante para nós, os oíntes, porque debemos -na miña opinión- escoitar a música coma o público para o que se compuxo, como o compositor, e máis os seus contemporáneos a escoitaron.

Escrito por Carlos Rodríguez Otero
Para ver o artigo na súa forma orixinal, visita www.theclassicalmusicplace.blogspot.co.uk
Rodríguez Otero, Carlos
Rodríguez Otero, Carlos


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES