Alucinante Mariloli
Cardalda, Theo - miércoles, 02 de julio de 2014
Desde o Preguntoiro: Alucinanate Mariloli
A bardallas de Mariloli a Peinetas, botou a lingua a pastar instando á fiscalía contra Pablo Iglesias relacionandoo coa organización legal de Herrira, non sei se foi en diferido ou en plan chafallas. Non soamente foi esta señora, senón as difamacións dalgúns sicarios que se din xornalistas de El Mundo contra o militante de Podemos. O que non dixo esta señora é que non soamente tiveron unha xuntanza el só, tamén estiveron moitos partidos do arco parlamentario en conversas con esa organización dos presos de Euskadi.
Estaría moi ben que actuaran xudicialmente contra Pablo, mentres todos os corruptos do seu partido seguen sen ser citados a declarar sobre a financiamento ilegal do PP. Roubaron, privatizaron, están a fundir a sanidade e de propina o Gallardón insulta ás mulleres. A esta muller cada vez váiselle máis a olla, ten a cabeza como un tatarí. É alucinante, a peinetas mentiu sistematicamente á cidadanía. Se tivera o máis mínimo de vergoña tiña que calar esa bocapodre que asemella a un cachifallo enfouxado.
¿Onde está o delito de Pablo? A Mariloli tiña que abrir ben os ollos e mandar á fiscalía a o Sr. Aznar por xuntarse con Hugo Chávez, Fidel Castro e Gadafi e acusalo de delito contra a humanidade por ter baixo o lombo case un millón de mortos en Irak, por unhas armas de destrución masiva que xamais existiron.
Coidado!! Tamén pode estes días aparecer Mariloli dicindo outra parida como: Pablo Iglesias non ten ningunha coartada para o día que asasinaron a Kennedy, os sicarios difamadores de El Mundo están pescudando que pode ter unha SICAV en Cuspedriños do Monte.
¿E esta muller atrévese a dar leccións de democracia á cidadanía?. ¡¡Anda xa!!, que se vaia a fritir espárragos con aceite de recino. Coido que o medo están trocando de bando.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora