Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (15)

miércoles, 02 de julio de 2014
Recordando as costureiras


Antes de haber fábricas de corte e confección, comprábanse as teas nos comercios. Logo, viñan as costureiras polas casas, facían a roupa a medida. Levaban a máquina de coser na cabeza, pois, naqueles tempos, ninguén tiña máquina de coser. Ían pola mañá e regresaban á noite.

Dábanlles o almorzo, o xantar e a cea. Cosían moito e ganaban pouco. Tamén levaban nenas para aprender; así, aprendían o oficio e máis mantíñanse. Pois, había moitos fillos e non había moita abundancia.

Facíase a roupa moi completa, para que durase moito, aínda que as teas eran naturais e duraban pouco. A xente andaba moi remendada. Cando a guerra civil, as teas vendíanse en pisos, ás escondidas. Era unha miseria. Facíase a roupa de sabas de liño; logo, tinguíanse. Facíase de saco, etc... Calcetábase moito. Con la facíanse saias, chaquetas, xerseis e calcetíns.

A xente non tiña televisión. Era todo moi familiar. Tamén se era máis escravo. Cando se casaba, unha moza sabía facer de todo: sabía lavar, facer pan, calcetar, coser, coidar animais, traballar na terra, cociñar, pois todo facía falta, ata rezar o rosario.

Ter unha muller traballadora e que soubera gobernar era un luxo. Tamén ían vender á praza as cousas que sobraban. Todo era moi escravo. Os matrimonios duraban mentres viviran, cousa que, agora, non é así. Non estaremos enganados? Para vivir ben, queremos moito luxo. Non será isto malo? Non o entendo. Vivir con menos igual resulta bonito. Vós, que opinades? Gustaríame que todo o mundo tivera cubertas as súas necesidades básicas; que non houbera tanta diferencia.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES