IKEA
Editorial - jueves, 22 de diciembre de 2005
De repente dámonos conta que o comercio ten sufrido unha revolución absoluta, porque vemos como se levanta acta de defunción dos pequenos negocios familiares, entrañables e cercanos, que non saben ou non poden adaptarse ós novos tempos.
Eran as tendas caseiras de dúas portas: Unha para que entraran os clientes e a outra para que o tendeiro/a accedese á súa vivenda, moitas veces no caso das tendeiras- para facer simultaneamente os traballos do fogar.
Primeiro foron os Super, que deixaron obsoletas as tendas tradicionais de ultramarinos. Logo as grandes superficies, que foron obrigando ós Super a xuntarse en cadeas para poder sobrevivir.
El Corte Inglés fixo estragos, primeiro desde Vigo, logo tamén A Coruña, e por fin en Santiago.
E agora Ikea. Despois de conquistar media Europa e media España, despois dunha incursión norteña, chega para conquistar Galicia.
Nos tempos de Roma fixeron falla os exercitos de Autistio, Carisio e Firmio para atacar o último reducto dos Callaicos: O Medulio.
Por Ikea estamos agardando, espreitantes, rendidos. Galicia aberta.
Fomos mercar a Madrid, pegamos polos seus catálogos
O moble de Ikea entrou a formar parte hai xa tempo dos diálogos da teleseries e de fala popular.
Chega Ikea a A Coruña para chegarnos e ver se somos merecentes de que instale máis tendas. Do seu xuicio depende, sen dúbida, un novo índice do nivel de benestar neste país.
E nesas estamos
Unha gran superficie que abren as portas en Lugo a comezos de outubro, está ás portas de recibir un millón de clientes. Chega Ikea. Tódolos demáis grandes permanecen.
¿Como non vai estar angustiado o comercio tradicional?

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora