Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tempo de lecer

martes, 01 de julio de 2014
Estamos nos primeiros días do verán. Para moitos un tempo de vacacións e de lecer. Ben merecemos todos un descanso, aínda que sexa curto, sen obrigas que nos condicionen e con tempo libre para a conversa cos amigos e o goce da natureza.

As vacacións son necesarias para rachar co estres dos horarios e das responsabilidades cotiás, e poder saborear a vida. Vivimos moitas veces deshumanizados, sen ter oportunidades para valorar a vida por si mesma, e non só pola rentabilidade que lle podamos sacar a cada hora do noso traballo.

Por outra banda, cando se ten a sorte de disfrutalas merecidamente, é porque un ten saúde e conta cun traballo no que máis ou menos se sente útil e realizado como persoa. As vacacións non deben tomarse pensando so nun mesmo e nos propios intereses. Outros desgraciadamente non poden porque están no paro, sofren pola enfermidade, teñen que atender obrigas familiares ineludibles ou lles toca precisamente traballar.

Nada nos quita do noso descanso se nos sentimos solidarios con estas situacións humanas. Máis ben teriamos que estar agradecidos e poñernos no lugar dos outros, aínda que so sexa co pensamento e de corazón.
Estas actitudes positivas fannos máis e mellores persoas nunha sociedade frecuentemente secuestrada polos individualismos egoístas do sálvese quen poida. Cando un é capaz de ir máis aló dos seus intereses e pensar nos demais, é posible unha vida con máis paz interior e mesmo feliz, e sorprendentemente recibe moito máis do que dá.

E se ademais un se para a pensar ou preguntar por quen pode estar detrás da natureza tan fermosa e cargada de vida que contemplamos, sostendo e animando a propia existencia e a dos outros, sacando o mellor de nós mesmos, etc... sen dúbida dará gracias e mesmo loará a “aquel” -é dicir, a Deus- que nos ofrece día a día, gratuíta e amorosamente, o que somos e temos.
Rodríguez Basanta, Antonio
Rodríguez Basanta, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES