Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os cheiros de Foz

lunes, 30 de junio de 2014
Parodiando o coñecido slogan “ya es primavera en ...” podemos os focegos proclamar a chegada do verán ós nosos eidos; e non só por razóns cronolòxícas ou climáticas, senon pola noxenta mensaxe que as pituitarias perciben dos cheiros no ambiente, que a barbarie institucional impuxo no entorno vilego, cando hai unha ducia de anos, nun alarde de sensibilidade, de sentido da estética, e da responsabilidade, defenderon e consumaron a ubicación da depuradora na ría, sen sequera escoitar as voces que clamaban e advertían do alto risco que significaba.

Ese foi o punto de partida para o cheiro abafante que nos acompaña, sobre todo no estío, e que a estas alturas da campaña, levamos xa un tempo que o soportamos os veciños da rúa Concepción Arenal, co agravante salientable de que alí atópase a Casa da Cultura (qué negaciòn da idem!) e a Gardería Infantil, que acolle a mais de medio cento de criaturas de 0 a 3 anos; cochambre ambiental que inevitablemente afecta à fráxil anatomía de tan tenros infantes.

O 21/9/2001 escribímos: “Non se pon en dúbida a necesidade da actuación, pero a evidencia obriga a ser cautos e reflexivos e non permitir que o feito deixe posibles secuelas para a vida cidadá e para a incidencia no turísmo; de ser así, podemos pechar o chiringuito. O porto forma un todo urbán co resto da vila, da que a beiramar é o maior atractivo, que dende hai dècadas vense masacrando por sucesivas e infaustas actuacións dentro da ría: hai que adoptar actitudes racionais e aplicar o sentido común, sen correr riscos innecesarios que poden significar, ou colaborar con eficacia, ó decaemento social e económico do pobo.Non destruamos o patrimonio mais valioso; que ninguén poda decir aquèlo do pintor Laxeiro: “Què pobo mais fermoso, pro...¡qué carallo de xente!”

Unha decisión transcendental anda entre mans: a confirmación da depuradora no lugar da triste experiencia ou a “deslocalización” .

Os munícipes parecen xogar ó gato e o rato, mudando de opinión según sople o vento da estratexia electoralista; nalgúns, o único motor que os move.¡Deus nos pille confesados!.

(Suso Fernández é Cronista Oficial de Foz).
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES