Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A prosa de Cunqueiro

viernes, 27 de junio de 2014
A prosa de Cunqueiro é un río manso que se vai envolvendo entre os fardelos da fantasía antiga, repousando nas encostas vellos romances de outonía entre as sereas, que se ispen de fantasías sacadas das escamas exfoliadas da súa cola prolongada. Cada escama é un conto, un nobelo envolto entre o fío que se desfía en mil espazos, ten moitos “tiroliros” e “tralaralas” que se engarzan tras dos asubíos das carballeiras enfeitadas de aconteceres máxicos e sangue galega.

A súa prosa é coma unha choiva lenta que te molla de aconteceres nos que non hai un protagonista, porque a verdade flúe libremente coma auga que cae, ou coma o vento que se escapa polos buratos.

Cada burato, unha historia, e todas as historias do nobelo teñen protagonistas, e todos poden ser principais, mais soamente a un lle corresponde a trama, porque a Cunqueiro lle interesa nese momento, pero as outras historias intuímolas, son enigmáticas, ilusorias, son entelequias sin realizarse pero que o lector pode proseguir na mente aberta da ilusión polos labirintos leporinos da fantasía, e nestas historias inconclusas e onde se atopa ao Cunqueiro que non remata a obra para que o lector investigue,
invente e recolla o recado que este grande Merlín lle manda.
Grazas Cunqueiro!
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania