Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ensalmos e rituais etnomédicos (I)

jueves, 26 de junio de 2014
Algunhas consideracións sobre a menciña popular na provincia de Lugo

Artigo publicado na Revista “Croa” (Boletín da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga (Castro de Rei) (Lugo). Nº 17, 2007.

Nos seus inicios a menciña de carácter hipocrático sostiña que o equilibrio entre unha serie de sustancias como a bilis negra, amarela, o sangue e a flema propiciaban a saúde e a súa alteración ou descompensación a doenza. Entón era usual a paráctica de sangrías e purgas para acadar a armonía.
No intre actual, ademais de certas pervivencias da menciña humoral, debemos distinguir a biomedicina, a medicina empírico-natural e a menciña popular.
Na biomedicina a doenza amosa unha sintomatoloxía de carácter obxectivo e está regulada por unha terapia de índole química. Este arquetipo que se manifesta nos diferentes centros ambulatorios e hospitalarios está fundamentado na racionalidade biolóxica, xa que prescinde case sempre da propia dinámica do individuo e do seu medio social (1).
O modelo empírico-natural mostra un caráctger máis humano e sociable. Está ligado ás fontes termais, aos balnearios, spas ou balnearios urbanos, e as diferentes prantas medicinais. Este arquetipo presenta un importante intérese cos diferentes actos da cultura local vencellados a ensalmos, culto aos santos etc.
Finalmente a menciña popular está ligada a un complexo sistema de crenzas que xira en torno á dualidade ben e mal. Así o mal, encarnado polo demo e as bruxas, está afastado pola intervención do ben, simbolizado por Deus, a Vixe e os Santos (2).

OS CURANDEIROS
Trátase de persoas adicadas a curar prácticamente tódalas doenzas das persoas como dos animais. Usan un conxunto de elementos naturais, conxuros, ensalmos e rituais máxico-relixiosos.
Dende unha perspectiva xeral son coñecidos como “especialistas curativos tradicionais”. Sen embargo Elisardo Becoña manifesta que desde unha perspectiva afectiva coñécense cos nomes de meigas, bruxos, curandeiros, compostores, corpos abertos, espiritistas, carteiras, sabias, menciñeiros, saludadores, boas mulleres... (3).
Pola súa banda o etnógrafo Antón Fraguas suliñaba que mentres que os menciñeiros fan uso de elementos máxicos e naturais nos seus procesos curativos, pola contra os curandeiros baseanse no coñecemento da fitoterapia e o uso de elementos naturais que amosan propiedades curativas (4).
D e tódolos xeitos, o curandeiro amosa, entre outros, unha serie de trazos xerais:
1º. Trata todo tipo de doenzas, tanto de persoas como de animais.
2º. Ás veces, inclúen o amaño de ósos, recibindo tamén o nome de “compostor”.
3º. Non pide remuneración polos seus servicios, senón a vontade-.
4º. A él acoden persoas de lugares lonxanos. En bastanes ocasións, o paciente recorre ao curandeiro, logo de acudir ó médico.
5º. Usan herbas e outros procedementos naturais como agua, encrucilladas etc.
Tamén pode acompañar os elementos naturais con oracións, ensalmos.
6º. O seu coñecemento venlle por herdanza, por terlle trasmitido os coñecementos
outro curandeiro, ou por ter nado con cualidades especiais (5).
Aparte do curandeiro hai que distinguir no ámbito feminino as sabias, as boas mulleres, a bruxa e a meiga.
A sabia é unha muller que amosa unha sabiduría no coñecemento das propiedades das prantas, e ademais é recoñecida nun amplo territorio como persoa que sanda doenzas relacionadas co masl de aire, o enganido, o fogo salvo, ou a caída da espinilla e paletilla. Non amosan ningunha relación co ocultismo nin coas forzas do mal.
As boas mulleres son aquelas veciñas que, aínda que non posúen a popularidade das primeiras, coñecen unha serie de remedios eficaces para certas doenzas.
Con respecto ás meigas e as bruxas, o antropólogo aragonés Lisón Tolosana, dínos que mentres a meiga e a causante de doenzas, a bruxa e a que cura e manten aos axentes daninos alonxados da comunidade (6). A actuación ceremonial da bruxa está ligada ao ámbito do sagrado. Imitan e sustituen a cregos ao dar consellos e orientacións; así recomendan aos seus clientes que visiten santuarios, recen novenas, den esmolas. Ademais fan cruces coa man dereita, rezan painosos, dan a bicar un crucifixo... (7).
Pola súa banda, o antropólogo Antón Fraguas manifestaba que tanto as bruxas, as meigas, as lurpias e as feiticeiras son a mesma cousas. Sen embargo, o psicólogo Elisardo Becoña dínos que a meiga é un ser ambiguo que pode estar co ben ou co mal. Así, pode sandar a un neno como envexalo (8).
Pola nosa parte, pensamos que tanto as bruxas como as meigas son personases ambivalentes asociados tanto ao ben como ao mal. Cúlpaselles de calquera evento funesto con frases despectivas, do tipo: “Viume unha meiga” ou “eche cousa de meigas”.
Por outra banda, unha das fórmulas máis habituais no ámbito da menciña popular é a curación pola palabra. Ensalmadores, menciñeiros, sabias... coñecen un conxunto de ensalmos e oracións, que rematan en invocacións a Deus e á Virxe María, e serven para sandar unha variedade de doenzas.
Neste artigo imos a tratar aqueles ensalmos ou pregarias que se usan dende sempre para sandar “as doenzas ligadas cos ósos”, entre as que incluñimos “a caída da espinilla e paletilla”.
O emprego de ensalmos e conxuros cunha intención terapéutica pertence probablemente dende o paleolítico a case tódalas formas da cultura primitiva. Podemos considéralo conxuro cando nela predomine unha intención imperativa diante das realidades que se trata de modificar ou soslayar. Pola contra, será ensalmo cando na súa intención haxa unha súplica, un rogo. Pois ben, neste caso, a súa eficacia non parece depender só da fórmula mesma do encantamento e do poder ou virtude do que a emprega -crego, home ou muller común- , senón tamén das potencias divinas que oen as palabras do ensalmador (9).
A práctica que os gregos chamaban “epodé” conxuro ou ensalmo, existía xa en case tódalas culturas arcaicas. As palabras de que consta o ensalmo non van dirixidas a persoa do doente, senón as potencias que de xeito normal ou en trance rexen os movimentos da natureza (10).
“La voz humana era apta de transmitir, incluso antes del lenguaje articulado, informaciones, ordenes e intenciones; tenía el poder de suscitar por sus explosiones sonoras e innovaciones fónicas todo un universo imaginario. De manera que, a medida que el lenguaje iba evolucionando y definiendo sus estructuras se consolidaba en el seno de la colectividad la fe en la fuerza de la palabra, la confianza en la eficacia de su autoridad ritual. La palabra, que, en la mentalidad arcaica nombra, instituye, desencadena, controla y destruye, también posee virtudes terapéuticas, sirve, en condiciones específicas de uso, en el marco de un ceremonial con fines médicos, que activa procesos de sugestión o autosugestión, para la estabilización psicológica del paciente” (11).


NOTAS
1. FIDALGO SANTAMARIÑA, Xosé Antón. “Nas Terras da Cova da Serpe: prácticas terapéuticas e consecución da saúde”. páxs. 101-117. Consello da Cultura Galega. 1997. Santiago de Compostela.
2. FREIRE, Pilar. Menciñeiros, saludadores e compoñedores. Los sanadores en la medicina popular de Galicia. Gran Biblioloteca Temática de Galicia. Radio Voz.2006, páxs.
3. BECOÑA IGLESIAS, Elisardo. La Medicina Popular, Vigo: Ir Indo, 1989, páx. 11.
4. FREIRE, Pilar. Ob. cit., páx. 44.
5. BECOÑA IGLESIAS, Elisardo. Ob. cit., páxs. 12-14.
6. LISÓN TOLOSANA, Carmelo. Brujería, estructura social y simbolismo en Galicia , Madrid: Ed. Akal, 1979.
7. MARIÑO FERRO, Xosé Ramón. La medicina popular interpretada, II. Vigo: Ed. Xerais, Vigo, 1986, páxs. 148-149.
8. BECOÑA, Elisardo. Ob. cit., páx. 18.
9. ENTRALGO, Laín. La curación por la palabra en la antigüedad clásica. Barcelona: Anthropos, 1987, páxs. 27-28.
10. ENTRALGO, Laín. Ob cit., páx. 32,
11. A PARTE REI. Revista de Filosofía, nº45, páx.3, 2006. http://serbalpntic.mec.es/AparteRei/
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES