Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Malos tempos para a lírica e a dignidade

jueves, 26 de junio de 2014
Desde o Preguntoiro: Malos tempos para a lírica e a dignidade

Esta reforma fiscal que vainos meter cun calzador este goberno, segundo moitos expertos é unha trampa máis, semellante a ese dito que temos polas Rías: “éche a trampa da nécora”. Un golpe máis á xente do común e a clase media, onde os máis beneficiados serán as grandes fortunas e un agasallo millonario para os xefes do IBEX.

Despois da desastrosa reforma laboral, a estafa da banca e agora esta reforma fiscal, seguen beneficiando aos de sempre, aos seus amos que ninguén os votou. O PP é un partido especialista en facer todo o contrario do que di, enganando e mentindo a todos para facer sempre o mesmo .

Coido que xa somos milleiros os que estamos fartos de todas as felonías, tanto corrupto, portas xiratorias e cun déficit democrático que xa non ten case límites, cousa que se veo coa represión que exerceu este goberno contra os que manifestábanse pacificamente no día da coroación do cidadán Felipe (agora VI).

Ata onde chega a baixa moral e a pouca dignidade deste goberno que non só lle chegou o grande dano que lle fixo á xente do común, agora xa vai máis lonxe con esta reforma fiscal usando o pau e a cenoria, din que benefícianos cun diñeiro de baixada de impostos, case nunha media de 170 euros anuais, pero non queremos saber ou ignoramos que estamos pagando copagos por todos os curruchos que durante o ano supera esa cifra.

Estamos amoureados, fáltanos moitos sancomiños. Fáltanos valor para enfrontarnos a que nos dan polo saco desde fai tempo, con frustracións acumuladas baixo malos gobernos, en mans dos de sempre desde fai séculos: relixión, políticos, mercaredes e xenerales. Mentres a pouca xente honrada da a cara onde debe dala, os envexosos e cainistas pola súa ignorancia, falta de cultura e mala fe, desprezan a esta boa xente.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES