Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un millón

jueves, 26 de junio de 2014
Hai cifras rotundas que quedan no argot e no imaxinario popular como punto de referencia para expresión do absoluto, máximo ou mínimo, e a máis destacada pode ser a de “un millón”.

En tempos, era millonario o que posuía un millón de pesetas, cifra entón elevadísima, que logo se foi devaluando ata desaparecer como concepto, aínda que na actualidade quen posúa un millón de euros é un auténtico millonario.

Programas como “Un millón para el mejor”, cancións como “Un millón de amigos” ou –en novela histórica- “Un millón de muertos”, de José María Gironella, referida á Guerra Civil, marcaron o seu tempo polo impacto que produciron. Porque a palabra “millón” era e é un termo absoluto –un milleiro de miles- punto final sicolóxico de calquera estimación numérica.

E agora, de repente, dinnos que nas rúas lucenses hai arredor dun millón de kilos de lixo non recollido pola folga dos traballadores de Urbaser, empresa adxudicataria do servicio de limpeza da capital da provincia.

Ao mellor non son tantos kilos, porque algo se vai recollendo de xeito extraordinario, ou quizais son máis. Pero impresiona escoitar que as nosas rúas, que en tempos presumían de limpeza, soportan – para soportadores, nós- mil toneladas de lixo cando levamos algo máis dunha semana de folga dun servizo tan básico como a recollida do que a sociedade desbota, elimina, rexeita.

Vivimos nunha sociedade destructiva que aumentou en progresión xeométrica o consumo de produtos, e polo tanto o lixo que dese consumo resulta. E de repente atopámonos con que todo ese lixo nos entra polos ollos e polo narís, porque o servizo de recollida deixa de funcionar ao fallar a sintonía entre traballadores e a empresa adxudicataria, e o concello de Lugo agarda que o tema vaia esmorecendo, e que o tempo solucione o problema.

Como esto siga asi, comprobaremos que a cifra de “un millón” pode ser sobradamente superada, e que se en tempos o millón era unha cifra mítica, agora non nos vai valer para presumir deste triste record provisional, e quedará marcada como fito para vergoña de quen o produce e consinte.

estesdías, en Lugo, recóllese lixo en plan emerxencia - a ver se vai resulta que agora se cumpren os "servizos mínimos"- pero os lucenses andamos polas rúas tapándonos o naris; nesta ocasión, polo cheiro do lixo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania