Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fenosa

miércoles, 21 de diciembre de 2005
O nome da empresa proclama que responde á denominación de "Fuerzas eléctricas del Noroeste, Sociedad Anónima". E Pedro Barrié de la Maza, o seu creador, foi nomeado Conde por Francisco Franco, "Conde de las Fuerzas eléctricas del Noroeste", e o conde como tal (os condes) ten adicada a praza principal de Portomarín, pobo que nos anos sesenta foi trasladado monte arriba porque o histórico poboado resultou anegado polo embalse de Belesar.

Fenosa era unha empresa galega porque o capital era galego, plenamente diferenciado e centrado na personalidade do seu fundador. O paso do tempo foi diversificando o accionariado, e a empresa ó medrar superou as barreiras físicas dos montes do oriente galego e puxo o pé en Madrid.

Para os galegos, Fenosa segue a soar como empresa galega porque aquí ten os seus maiores investimentos e centos de milleiros de clientes. Pero as empresas non teñen adscrición física determinada e son de onde radican os seus intereses, onde sitúan as súas sedes, onde pagan o I.A.E., e onde interese por mellores condicións e tratamento.

O actual presidente de Fenosa, Pedro López Jiménez, parece que foi algo tibio hai unhas semanas en canto a proclama-la galeguidade da entidade, pero compensouno recentemente na inauguración dunha nova instalación no Polígono de Sabón, se ben mencionado a universalidade da propia enerxía que a empresa produce.

A época das empresas afincadas nun territorio, localistas a ultranza, parece ter desaparecido. E hoxe hai que "universalizarse", como a propia enerxía, vincularse a outros grupos, tomar participacións, investir en activos... en fin, relacionarse co contorno e bastante máis lonxe.

Nestes casos, o perigoso non é "asomarse ó exterior" como nos trenes antigos. O perigoso sería pecharse no interior, despreciando todo o que ocorra fora.

O cal non impide que nós pensemos en Fenosa como unha empresa galega, e Fenosa pense en Galicia como un lugar preferente, porque aquí naceu e medrou, porque aquí ten as súas máis importantes instalacións como productora de enerxía eléctrica, e Galicia ten neso acreditado un importantísimo papel; porque Galicia, lembremos, aportou sangue, suor e bágoas (os grandes embalses) a prol da producción de enerxía, e de Fenosa.

Sabemos que as empresas -grandes ou pequenas- non teñen corazón. Pero os seus rectores poden e deben telo á hora de recoñecer de onde veñen e quen os arroupa.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES