Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Noite de San Xoán

martes, 24 de junio de 2014
O vello ritual tivo, na noite do lúns, unha nova edición e, da xeografía urbán, e da rural, rubiron ó ceo as chamas da ancestral cirimonia, engarzada nas mais devanceiras costumes da nosa terra.

Conta a tradición que en grande parte das fontes vivían os encantos e as fadas; virxes, doncelas, donas e lavandeiras. Por iso a auga, como o lume purificador, son elementos protagonistas na noite de San Xoan, ós que se recoñecían virtudes curativas para os males do corpo e da alma.

Da lonxana adolescencia, gardamos memoria da fogueira que cada ano ardía no lugar do Cristo, en Marzán. Antes, os veciños carrexaran, nos carros labregos, madeiras dos montes e os tanocos das berzas, así como silveirais de camiños e congostras, que segaban, para ser queimados na noite máxica do 23 de xuño. O acordeón de José da Morena, o cego, ou o de Plácido Val, poñían o contrapunto musical naquela xuntanza que congregaba ás xentes.

Pero antes cumprírase outro ritual: deixar ó sereo un recipiente de auga con flores para, á mañán, lavarse coa auga perfumada, á que se atribuían propiedades terapéuticas.O amor facíase presente e as mozas saltaban as chamas, decindo: “Salto por enriba / do fogo de San Xoan / para que non me roa / nen cobra nen can”. Se no brinco libraba das lapas era sinal de casamento dentro do ano: pero se as rozaba, esvaecíase a ilusión do casoiro, en tan curto prazo.

Como tantas tradicións, a noite de San Xoan perdeu o encanto poético de antano: non se deixa a auga coas flores ó sereo, e se as rapazas saltan a fogueira é mais para amosar a súa forma atlética que para saber a data do casamento… Á luz do lume, entre o bulidoiro xolgorio das xentes, ledas e festexeiras, hai sempre un anaco para a nostalxia porque “¿Quén pode esquecer de vello / os seus tempos de rapaz? /¿Quén pode esquecer a noite, / a noitiña de San Xoan / co seu séquito de bruxas, / fogueiras, baños de mar / augas de rosas, parranda, bailes e aínda mais? ....

(Suso Fernández é Cronista Oficial da cidade de Foz-Lugo).
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES