Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Parvadas sen sentido

lunes, 23 de junio de 2014
Salto ó baleiro para ver pasar o tempo nun suspiro, para ver como a vida transcorre nun lapso. Sempre se dixo que cando un está a piques de espichala, cando un ve o perigo diante si, asoma á súa mente en tan só un instantiño todo aquilo que viviu.

Salto ó baleiro para ver e notar todo isto, pero, ¡arre demo!, tan só aprecio cómo o chan vén ó meu encontro ou cómo eu me vou espatelar nel. Sinceramente, non sei se os recordos da miña vida pasan veloces diante de min nin se os meus pensamentos repasan todos aqueles momentos felices. Non teño tempo para eses pensamentos, cando vexo como se achega á velocidade da luz o chan. Si me vexo xa cos miolos esparexidos por toda a beirarrúa.

Un golpe de batería dun grupo musical que estou escoitando desvíame o pensamento destas parvadas sen sentido. Tirarme ó baleiro... ¡vaia pallasada!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES