Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Para os delitos de xénero

lunes, 23 de junio de 2014
Con moita frecuencia estamos recibindo informacións arrepiantes de lesións, homicidios e, incluso, asasinatos, que se cometen no ámbito familiar, e en moitos casos coa manifesta sorpresa dos mesmos veciños, que non apreciaban nada estraño en persoas cualificadas de normais.

Estes sucesos adoitan acaecer con demasiada frecuencia, preocupan aos cidadáns e van camiño de xerar unha perigosa indiferenza, enervando a irritación social e desencadeando nas xentes os correspondentes recursos de defensa psicolóxica que suavizan o vigor das reaccións en contra da perversidade habitual.

Certamente, os organismos gobernamentais competentes toman as súas medidas; pero estas vénse superadas, porque, como xa opinamos noutra ocasión, a concorrencia das causas tal vez non faga fácil a loita contra esta clase de delitos. Bo é, por tanto, ir identificándoas para por remedio a unha situación ben preocupante como é esta, xerada por tal delincuencia.

Leo que, como sempre, nese centro de investigación norteamericano, que todos coñecemos polo MIT (Instituto Tecnolóxico de Massachutsetts), hai un grupo de neurólogos que investigan no campo da Neurociencia como detectar e valorar a localización da orixe do mal, e parece que, mediante a “resonancia magnética funcional” (fRMI) o localizaron na “corteza prefrontal medial”, na que mediron a actividade neuronal. (Se desexan ampliar a información, busquen en Internet as entradas de Lusana T. Harris e Susan T. Fiske, por NeuroImagen).

Segundo parece, estar en grupo propicia a desaparición dos nosos valores morais individuais, xa que o grupo reduce a actividade nesa rexión prefrontal do cerebro, causando o esquecemento deses valores, porque as persoas integrantes séntense máis no anonimato e diminúe nelas o sentimento de responsabilidade.

A crueldade ven a ser a consecuencia de que esa rede cerebral, implicada na interacción social e recoñecemento doutras persoas, desconecta ante individuos que causan rexeitamento ou desgusto, xerando “percepcións deshumanizadas”, con nefastas consecuencias.

Ata aquí todo moi ben. Pero...acaso non se trata máis de coñecer os efectos dese desenlace delituoso no individuo que da verdadeira causa?. Acaso non se está confundindo a causa co mecanismo que desencadea a acción delituosa?. Porque...como se arranxaría a cousa se non é bloqueando esa rexión do cerebro?. Eu non lles son especialista e non podo dar aquí opinións documentadas; pero creo que os tiros tamén hai que esperalos por outros costados.

Estamos, amigos lectores, vivindo nunha sociedade durmida na credulidade de que só hai verdades obxectivas na física, na química, na bioloxía, etc.; pero non en todo aquilo que teña que ver coa conduta humana, como a ética, estética, socioloxía, e menos aínda a política, do que moi ben se encargan os mesmos políticos.

E xa deberíamos estar de volta de que isto ten consecuencias, sobre todo a relatividade da ética, porque todo o mundo discute a existencia do bo e do malo, encadeándoo a fraxilidade dun consenso, como se a suma accidental e temporal das opinións fora garantía algunha de acerto. A propósito, creo que o padre Feijóo xa deixou dito no “Teatro Crítico Universal” que “a suma de ignorantes non garantía o acerto” (e cito de memoria).

Ben. Todo isto que cadaquén o tome como lle pete. Sen embargo, as xentiñas de a pé temos a sensación de que todo está patas arriba: que as leis fanse para suavizar a condena dos delincuentes (so pretexto de ser garantes), non para dar seguridade aos bos e traballadores cidadáns; que se castiga á xente por fumar (non me parece mal!) e déixase en liberdade aos violadores e reincidentes e ladróns (e isto paréceme fatal); que ó estudante van suavizándolle as esixencias académicas ata que aproba, porque interesa que non arme moita lea e que aprenda, ou non, é o que menos; etc.

Ademais, como non sabemos historia, esquecemos que se non existen uns principios éticos obxectivos, nin unha política fundamentada na realidade substantiva da persoa (que non é relativa, aínda que queiramos facela), acabaremos, antes ou despois, tendo que aceptar que o bo é o que impón o máis forte, porque así o propiciou unha algarabía de descerebrados.

Como indica un estudoso da Axioloxía, se hai que negociar cos terroristas e aceptar a súa chantaxe; se a seguridade cidadán importa menos que a reinserción de delincuentes non arrepentidos; se a educación da infancia e da xuventude non esixe esforzos, senón que máis ven hai que vela como un xogo divertido; se a permisividade non se entende como unha ameaza contra os cidadáns, senón máis ben como un dereito dos agresivos; se calquera idea por absurda que sexa chega a converterse en moeda corrente, repetíndoa con certo énfase, e outras lindezas polo estilo, como reclamar máis democracia ao amparo dun arrogante ataque a un estado de dereito (único garante dela),... con que faciana se nos ocorre, tan sequera, ter fundada esperanza de que as cousas melloren?.

Pero estábamos a contas cos “delitos de xénero”. A que ven todo isto?. Pois ven, e moito. Imaxínanse a cantidade de ingredientes que ten todo este “caldo de cultivo”?. Vaiámolos disgregando coidadosamente, porque entre eles, e no seu conxunto, están a maioría das causas deses delitos que tanto preocupan aos científicos da Neurociencia: Deixemos, pois, que eles localicen as imaxes nas redes cerebrais, e procuremos nosoutros encontralas nas desta sociedade. E permítanme arriscarlles un prognóstico:
Se non resolvemos o do “caldo de cultivo”, non esperemos que as solucións do MIT deveñan eficaces.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES