Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gobernos amigos

viernes, 20 de junio de 2014
Hai dúas cuestións inmutables, como principios de evidencia política, que afectan a cada goberno en calquera momento. Por unha parte, a herencia recibida, e por outra os gobernos amigos ou non amigos.

O da herencia recibida funciona permanentemente, referido a cuestións difíciles de solventar, que poden achacarse ao goberno anterior –se non era do mesmo signo- como ocorre neste momento co goberno nacional e os problemas económicos, que certo é que non son de hoxe senón de case sempre, aínda que agudizados na etapa política anterior.

E o dos gobernos amigos resulta perfecto para as autoridades municipais, xa que para un Alcalde á moi conveniente poder acceder aos despachos das autoridades autonómicas ou nacionais para xestionar todo tipo de cuestións de interese para o concello. Por iso é moi xeitoso que o goberno da Xunta sexa amigo do de Vilalba, que seguro que o alcalde vilalbés pode presentarse en Santiago, no despacho de Feijóo, sen aviso previo, en caso de necesidade, non tendo que agardar máis que o tempo que tarde en saír do despacho do Presidente a visita anterior.

Pois unha herencia recibida en Vilalba vena de solucionar este goberno amigo. Porque os defectos estructurais do Auditorio vilalbés, que foi unha atención doutro goberno amigo con Vilalba, que o concello non podía atender por superar o importe das obras as súas posibilidades normais, vai ter solución próximamente por decisión do goberno amigo da Xunta de Galicia.

As humidades derivadas das fallas estructurais do auditorio van ser solucionadas mediante un convenio suscrito entre o Concello e a Xunta por un importe da respetable cantidade de 300.000 euros, que posibilitarán que no verán se solucione o problema, e a próxima temporada cultural poida funcionar correctamente o Auditorio municipal, que é xa unha instalación cultural imprescindible para Vilalba.

Cando os gobernos non son amigos, deberían pensar que por riba está o interese público. Cando son amigos, a cousa está máis clara. E para os vilalbeses, foi moi bo que así fose, e que se solucione un problema grave da nosa primeira instalación cultural.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania