Café para todos
Editorial - martes, 20 de diciembre de 2005
Touriño dixit: Galicia non vai ser un problema. Referíase ó Estatuto, o novo Estatuto para Galicia, que non debe ser motivo de controversias senon de diálogo entre tódalas forzas parlamentarias.
Esto ven a conto, moi ben, precisamente no momento en que se empeza a razonar sobre o novo Estatuto que se pretende para Cataluña, no que en principio se parte de posicións moi dispares, que irán asentando co paso do tempo e os avances no diálogo.
Cataluña quere ser nación, quere Facenda propia... e para eso habería que dar un paso hacia o Federalismo, que por agora ninguén -agás as forzas nacionalistas- parece decidido a dar.
Nesta orde de cousas, se seguimos tendo por marco a Constitución común, se seguimos permanecendo dentro do marco autonómico, parece que non é posible facer concesións extremas nunha determinada autonomía sen que o resto pretenda chegar á mesma altura ou nivel de autogoberno.
Foi o que ocorreu no momento en que se planificou o chamado "Estado das Autonomías". En principio, só ían ter ese status as chamadas "nacionalidades históricas": Euzkadi, Cataluña e Galicia. Pero logo Andalucía pronunciouse clamorosamente a prol do seu autogoberno, e detrás viñeron tódalas demáis.
Máis ou menos, tódalas autonomías (ducia e media) foron acadando competencias a medida que ían consolidando a súa administración, avanzando na asunción de funcións ata o momento en que as máis avanzadas pretenden seguir adiante, superando aquel "café para todos", como foi definida popularmente a situación igualitaria.
Nestes momentos, Cataluña quere alterar esta nivelación actual inclinando a balanza ó seu favor. Ben está, pero algo terán que dicir o resto das autonomías, principalmente Euskadi, que veu rexeitado radicalmente o seu Proxecto - Plan Ibarretxe- e Galicia, que polo que se ve vai camiñar con sentidiño.
Porque a normal convivencia non vai permitir tratos especiais, e o que consiga unha autonomía vai ser logrado, pouco a pouco, polas demáis. Todo o máis que vai poder conseguir é leva-la dianteira, que non é pouco.
Así que o de "café para todos" non só valeu para a posta en marcha do "Estado das Autonomías". A fórmula segue a ser válida, perfectamente válida. E o que pretenda pedir algo especial, que saiba que -en definitiva- estao pedindo para tódolos demáis.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora