Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Festas e lexislación

viernes, 20 de junio de 2014
Andan os responsables políticos e técnicos dos concellos galegos un tanto alporizados debido a unha lei denominada "do emprendemento" que entrou en vigor o 28 de decembro do ano pasado (un bo día para endingarlle unha responsabilidade máis ós concellos) e na que por arte de birlibirloque incluíron media ducia de artigos -do 39 ó 45- nos que se regula a autorizacións da celebración dos "espectáculos públicos e actividades recreativas". Algo que realmente non sei moi ben que ten que ver co emprendemento. Pero, en fin!..

Isto fixo que durante uns meses a lei pasase desapercibida e moi poucos reparasen na complexidade normativa que vai supoñer para un alcalde concederlle autorización a unha comisión de festas calquera, por moi pequena que sexa a festa e máis anónimo sexa o patrón.

Ora ben, cando lle deron a ler que as actividades sometidas a licenza son, entre outras "a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas que se desenvolvan en establecementos públicos cunha capacidade superior a 500 persoas, ou que presenten unha especial situación de risco. A instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública. Así como a celebración de espectáculos e actividades extraordinarias e, en todo caso, os que requiran a instalación de escenarios e estruturas móbiles", entón a cousa, radicalmente, mudou.

E cando, ademais, leron tamén que "con anterioridade ao inicio do espectáculo público ou actividade recreativa (un mes), as persoas encargadas da súa organización deberán presentar unha solicitude de licenza perante o concello", adxuntando, entre outra documentación, "proxecto técnico" que deberá incluír "o contido previsto pola normativa sobre prevención e seguridade de incendios, estar asinado polo/a técnico/a competente e deberá conter os requisitos da normativa específica sobre edificación, prevención e control ambiental que sexan de aplicación aos proxectos de actividades", ademais dun "plan de emerxencia, plan de autoprotección, memoria de mobilidade ou estudo de avaliación da mobilidade xerada, estudo de impacto acústico e dispositivo de asistencia sanitaria, redactados de conformidade coa normativa vixente, alén de "declaración da persoa organizadora, onde faga constar o compromiso de contratación dos seguros previstos nesta lei", entón todos a unha dixeron: "Vaille dar a licenza o patrón".

E xa está a festa armada. Porque o Parlamento, que ten tempo para todo, non ten vagar para redactar unha normativa específica sobre as festas parroquiais ou "do patrón".
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES