Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mentira social

jueves, 19 de junio de 2014
Ai que xente a da nosa sociedade inverosimil! Deus nos colla confesados!, pois estamos diante dun confesionario, revelador de segredos, onde non sabemos cales son os nosos pecados, onde a mentira e a verdade non se diferencian, onde a néboa da propaganda tapa as verdades e a mentira campea polas chairas como a herba verde abanicándose na lonxanía da corrupción e da desgraza política maniquea.

Cando eramos pequenos, a verdade era a que era, mais tan cerca dela que non nos facía falta explicalle a ninguén as diferenzas, pero agora todo vale, a mentira farragosa é a verdade para as persoas dunha sociedade baleira, pechada nos seus silencios, esmoucada como as árbores das pólas das razóns que nos levan ao abeiro da verdade, e a melancolía corre polas veas da tristura, pola profundidade do abatemento que nos creba.

Instigadores da mentira verdadeira, profanadores das tumbas da ambigüidade, reloxos da actualidade mareando tempos que non existen, violadores da existencia meliflua, pechade os melindres da mentira e non formatedes a doutrina mentirosa do meliorismo que propoñedes ao traverso das palabras que rezuman o caldo acedo, o pan valorento e a vacuidade da ponzoñosa e recendente mentira social.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania