Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Tibu solidario

miércoles, 18 de junio de 2014
Velaí que se está a difundir polo mundo adiante o reto de mollarse en auga fría se non queres pagar unha mariscada. É un bo reto tendo en conta que levamos un inverno duro, prolongado e que só albiscamos un pouco de primavera xa raiando o verán. “O Tibu” chegou dende Suíza a través de un emigrante galego que nomina a tres amigos propoñéndolles mollarse ou pagar unha mariscada.

O feito foise estendendo ata converterse en todo un fenómeno social no que o reto xa non é mollarse senón facelo do xeito máis orixinal posible. Temos vídeos impresionantes no Youtube que amosan a infinita creatividade do xénero humano ou mesmo ata que punto somos capaces de desinhibirnos.

Metidos en plena voráxine do Tibu non está mal lembrar que o primeiro en traelo ao país, Damián Pereira, propuxo darlle un toque solidario utilizándoo como medio para apoiar economicamente causas necesarias como o cancro. Aquí o xogo adquire outra dimensión transcendental imprescindible que o dota dun sentido moi superior. Agora si que vale a pena mollarse e vale a pena, tamén, pensar en todo o que poderíamos cambiar se nos molláramos de verdade nas cousas importantes e transcendentais que están a pasar diante dos nosos ollos.

Eu propoño un Tibu social no que cadaquén diga o que pensa e o que quere para este país sen pelos na lingua e sen medos de ningún tipo; mollándose polo que de verdade importa: o benestar colectivo. Este si que sería un Tibu proveitoso que garda en si o reto de facer unha sociedade mellor.

Sigamos gozando desta moda pasaxeira, mais dela ten que ficarnos a costume de mollarse por vivir nunha sociedade mellor que forxe oportunidades de futuro para todos sen resignarse a tecer a súa historia entre as marxes da exclusión.

Mollémonos todos lembrando aquelas verbas de Bertolt Brecht non vaia ser que veñan por nós e sexa demasiado tarde. Todos estamos nominados a construír o benestar. Que a solidariedade que vén impresa na proposta de Damián Pereira se estenda coa mesma vertixe que o legado do Tibu.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES