Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Espallando Ideas (XIII)

martes, 17 de junio de 2014
En Cicerón (Filípica XII 5.) Cuiusvis hominis est errare: nulius nisi insipientis, in errore perseverare. É propio de calquera home errar, pero ningún, agás o ignorante, ten dereito a perseverar no erro. ¿Os ignorantes, si? ¡Ai, logo, daquela é que moitos colegas teño, desde a corte das miñas vacas, aquela na que me criei, á grande, á do Rei!
O erro non o é, non podemos consideralo tal se non tomamos conciencia do feito, e consecuentemente, das súas consecuencias. ¡Ignorar é vivir no limbo, no dos estúpidos! ¿Situación cómoda? ¡Por suposto; cómoda, pero estúpida, tamén! Daquela, ¿onde queda, onde deixamos iso do homo sapiens, no barrelo?
Nos meus tempos, co pánico que se lle tiña á “mili”, había dous métodos para librarse dela: Estar enfermo de verdade, ou facerse… ¡con certificado médico apadriñado! O dito era: ¡Ese faise o tolo para non ir ao Servicio! ¿Era antes? ¡Moito me temo que tamén agora, tamén agora; para librarnos de compromisos de conciencia nada como deixala debaixo das sabas ao levantarse!
No de ir, ou non ir, ao Servicio, había outro caso, pero…, no meu dáme certa vergoña recoñecelo, recordalo. En fin, confesareime, xa que é a medicina dos pecados: Cando lle tocaron as quintas a meu irmán, eu xa estaba en África, e daquela había unha disposición con respecto aos pais sesaxenarios consistentes en que, se o fillo maior tiña medios para soste-los pais, o segundo non podía librarse a pretexto de ter que coidalos. O que non lembro con exactitude é se se precisaban cinco ou seis testemuñas… Para o caso dá igual, pois eu valinme duns cantos amigos que así o declararon por ante o Secretario do Ayuntamiento de Sidi Ifni, galego por certo, e Godoy de apelido, ¡entre galegos andaba o amaño!, que me aceptou aqueles “testigos” falsos, e levantou a correspondente Acta, firmada, selada, e…, remitida! Teño a atenuante de que a Lei era estúpida, pois, ¿cómo podía levar a meus pais para aquel ¿Territorio de Soberanía?, con sirocos cada dous por tres, comidas esgrevias, exóticas, e mil penalidades máis.
Ben, pois xa descarguei a conciencia, aínda que, “a verdade sexa dita”, como din agora os resabidos, o meu non foi erro, non foi persistir no erro, que maldito se erro houbo: ¡picardía galaica, iso si!
-.-


Espallando Ideas (XIII)Non chega con espallar, que tamén hai que cribar, aventar a gra! Cando os parceiros, foreiros, caseiros, ou levadores de fincas, pagaban anualmente as súas rendas, facíano xeralmente co froito dos mesmos cultivos, e cando entregaban trigo, tiñan que presentalo perfectamente cribado, séxase, “limpo de po e de palla”, para que lles fose válido, que así se facía constar nas correspondentes obrigas, literalmente así.
Se o tiñades esquecido, qué pouca Memoria Histórica xa que iso é de onte, mesmo de onte! ¿Qué vaiamos ao de hoxe? O de hoxe vén doutra expresión histórica, igualmente aceptada: ¡meter palla en albarda! ¿E iso…? Moi sinxelo: Tratábase, ¡trátase!, de acolchar ben a albarda, preferiblemente con palla de centeo, longa e flexible, para que o burro non a sinta, e de paso favorecer ao cabaleiro con un asento confortable. ¿Chégavos?
¿Qué non…? Daquela terei que tirarvos da almofada, digo, da albarda, que as dúas levan o “al” árabe, o al da comodidade expresiva, e por ende, externo, apropiado, sexa ou non axeitado: Aquel que pretendía cabalgar nos burros… ¡aqueles, ou estes, pois niso pouco avanzamos, que viñeron os autos pero segue habendo burros, e non só nas aldeas!, procuraba dedicarse previamente á albarda, enchela ben! Non sei cómo poñer un exemplo: Por exemplo, por exemplo, eses directores de marketing, eses muñidores dos mitins, que se especializan en meter palla, palla abundante, desa da palleta, para recheo das urnas comiciales, que así, seguidamente, unha vez lograda a albarda, con coiro brillante por fora, xa poden cabalgar con toda felicidade. Para non cansar no traxecto, apéanse de catro en catro anos, e volta a montar!
¿E, se afrouxa a albarda, ou se o burro cansa dela? ¡Non hai caso, con meterlle outro fachuzo de palla…, outros catro!
-.-

Espallando Ideas (XIII)Un home así é o que precisamos en España; ¡un home! Un home, unha mente preclara capaz de civilizar o deserto. Mais para iso necesitamos listas abertas; ¡iso, abertas! Nesta España cameleira, de auténtico camelo, ¿qué outro sería capaz de dirixirnos, de domarnos?
Os fenicios chamáronlle a España, Hesperie, ¡terra de coellos! ¿E non sería máis exacto chamarlle, iso, Terra de Dromedarios, de dromedarios xorobados? Dromedario = (en latín) dromâde = (en griego) dromás = corredor. Por parte: camelo = engano. ¿É, ou non é, España, un país de xorobados, saturado de camélidos? De fenicios, tamén; de especuladores, tamén. Daquela, ¡miúdo zoo!
Estou seguro de que, quen é capaz de dominar un fato de dromedarios, tamén o sería de domar leóns…, tal que eses das Cortes!
Pido, esixo, Listas abertas, para darlle o meu voto a Diego Barber!
…/…
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES