Que todo sexa para ben!
Xiz, Xulio - lunes, 16 de junio de 2014
Aínda non se disiparan os ecos do terremoto electoral do 25 de maio, e o Rei e anunciou a súa abdicación. Como se tiveramos poucas cousas en que pensar, de repente, un novo e decisivo elemento a ter en conta neste sen vivir no que estamos inmersos.
É certo que O Rei ten ben cumprido o papel que asumíu naquel tempo difícil do que se van cumprir 39 anos. Que daquela tiñamos a seguridade de vivir un tempo histórico no arranque dunha monarquía recuperada daquela maneira, que non sabiamos canto podería durar xa que o país era unha ola a presión que podería estoupar diante de calquera imprevisto. Logo resultou que os numerosos imprevistos se foron solventando ata chegar a este momento no que a maioría da sociedade sólo coñece o acontecido polas informacións xornalísticas e polos libros de historia.
Temos, como evidencian as enquisas e a respiración colectiva, agudísimos problemas de paro, agonía das empresas, afogamento do comercio... de tendencias independentistas, de desconfianza nos políticos, de emerxencia de forzas políticas de imprevisible comportamento futuro... E por se fose pouco, cambio agora na máxima representación do estado dentro do previsto, iso sí- coa conseguinte marea por agora non é unha marea viva- dun republicanismo que estaba latente pero diante dos acontecementos sae ás rúas para intentar facerse ver.
Posiblemente esta é a vertente pesimista da cuestión. E a vertente optimista, a oficial, é a renovación da Xefatura do Estado cun home novo, ben preparado, para afrontar novos tempos dunha sociedade infinitamente máis nova, máis moderna, máis esixente e máis democrática que a de 1975 que a que ao pai lle tocou representar, aínda que moito haxa que mellorar nesa democracia.
Quizais, coma sempre, a virtude estea no punto intermedio, e haxa que considerar que esta renovación é preludio doutros cambios sociais importantes na política e no social, que nos leven a tempos novos e mellores para unha sociedade que nos últimos tempos ten soportado moito e, polo tanto, desconfía moito.
Diante da división de opinións existente xa era hora, non vale de nada ou é totalmente normal- confiemos en que, como hai 39 anos, todo sexa para ben.

Xiz, Xulio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora