Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fuxidío da Xustiza

lunes, 16 de junio de 2014
O home camiña por entre as carpazas do Outeiro Barbeiro e unhas gotas de suor caen pola súa fronte. Na man dereita leva unha pistola con cachas de cor branca. O home é un fuxidío da xustiza.

Acababa de fuxir do cárcere, no que levaba xa trece anos. Fora condenado por matar a outro home que non coñecía de nada. Dixo que o matara porque si, porque naquel momento levaba unha pistola na man. Que se levase un coitelo, aquela morte sería con arma branca. Porque el, aquel día, tiña ganas de matar a alguén. Incluso chegou a desesperarse porque non conseguía cruzarse con ninguén.

Agora seguía acochado polos montes de Baños de Molgas, cunha pistola na man e coa ansiedade de buscar unha liberdade que, sinceramente, non merecía. Esa pistola era sinal de mal presaxio.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES