Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alá vai un mito!...

sábado, 14 de junio de 2014
Arredor do código de circulación e das sancións -múltiples e nalgúns casos insólitas- que a súa infracción acarrean, existen moitos mitos que mesmo hai tan só uns días estiveron de fervente actualidade por mor dunha estricta lectura do devandito código por parte duns axentes en Pontevedra que consideraron sancionable que algúns conductores xiraran o pescozo 90 graos para contemplar non sei qué cousa. O propio radar de tráfico, penso.

Ó fío disto e da non menos recente actualidade protagonizada polo sarxento probablemente máis famoso da comandancia ourensá, destinado en Bande, un amigo contoume hai uns días que a un sobriño seu multárono por levar unha navalla de uso doméstico na guanteira.

É certo que o meu amigo non me informou de cantos centímetros de folla tiña a faca do rapaz e polo tanto non sei se era desas de sete estralos que provocan arrepío só con velas ou desoutras de mango de pau, tan propias da mercadotecnia tradicional portuguesa, ou incluso daqueloutras, un pouco máis adornadas, que constrúen a martelo pilón na fermosa aldea raiana de Taramundi.

Sexa como fose a navalla, non logro entender eu qué ten que ver a presenza dunha coitela na guanteira, coa seguridade viaria. En todo caso, debería telo coa seguridade cidadá e, se cadra, por iso foi que o denunciaron e non polo perigo que a navalla puidera provocar na circulación.

Pero eu do que quería falar era dos mitos e non das navallas. Dos moitos mitos populares ou lendas urbanas que hai arredor das sancións de tráfico, contando unha experiencia en peto propio que me acaba de acontecer estes días.

E un dos mitos máis populares é, sen dúbida, ese que fala de que os cinamómetros -en román paladino, os radares- non lle sacará a foto ó seu coche, a non ser que vostede supere nun 10% a velocidade máxima permitida no tramo. É dicir, que se o tramo está limitado a 90 Km/h, ata superar os 99 non o sancionarán. Se é de 100 Km/h, non será multado ata que circule a 111. E se a prohibición está marcada a 120 Km/h, pode circular con tranquilidade -mesmo diante do fotomátón- a 132, que non recibirá na súa casa ningún susto en forma de certificada notificación.

Se non o experimentou xa en carne propia, polo ben da súa carteira recoméndolle, pois, que cando albisque un radar ou sospeite da súa presenza, aminore a velocidade dos famosos 132 Km/h que ata agora puña no regulador, porque a min chegoume nantronte unha sanción a 130 Km/h.

Si, a eses mesmos 130 Km/h que acaban de seren incluídos na nova Lei de Tráfico e que para sangría do meu peto aínda non entrou en vigor.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES