Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Prestige

lunes, 19 de diciembre de 2005
Máis de mil días despois, o Prestige debera ser un mal recordo. Máis de mil días despois, deberiamos experimentar unha choiva de compensacións pola durísima agresión -física e moral- sufrida por Galicia con motivo do naufraxio do superpetroleiro. E sen embargo son só palabras as que temos nas mans; e as palabras nas mans cóanse por entre os dedos.

No Parlamento galego fálase de reabrir a Comisión informativa do Prestige, por entender que agora é máis doado falar do que ocorreu aquel outono, e en tódolos meses que viñeron logo.

Máis de tres anos despois, o Prestige volve estar de actualidade porque se presentan no xulgado as palabras gravadas de conversas entre responsables de controlar o paso do buque diante das nosas costas.

Pero no xulgado de Corcubión teñen, ademáis do traballo normal dun xulgado, os trinta mil folios do sumario do Prestige, que xa teñen visto pasar diante deles catro xuices por aquelo da dinámica da Administración de Xustiza, e os corrementos de escalafón naturais en toda escala administrativa.

Se os nosos políticos se desen a mesma presa en xestionar compensacións que se dan no lanzamento de palabras como dardos, todo tería tido xa solución. Se as obras que se nos prometeron estivesen en marcha coa dilixencia das palabras, ningunha queixa teriamos os galegos da crise que nos embarga desde o embarrancamento de infausta memoria dunha nave que levaba un nome triunfal, e rematou en traxedia.

Está ben ter memoria, gardar lembranza firme, ter presente o Prestige para que non volva ocurrir nada parecido. Hai que estudiar e calcular tódalas consecuencias para obter compensacións pola agresión sufrida, e a eso sempre estaremos dispostos a apoiar.

Se os políticos queren seguir usando o Prestige como arma arroxadiza, son moi libres de facelo, e nós de pasar do tema. Pero atendan primeiro as queixas e peticións dos afectados, o clamor de todo un pobo que quere compensacións, e logo dedíquense a "filosofare". Pero, primeiro, "vivere".
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES