Recuperar o nadal
Mato, Xesús - lunes, 19 de diciembre de 2005
Volver á súa esencia orixinal, ao Acontecemento/Misterio dun Deus que se fixo un de nós. As tradicións transnoitadas e costumes que promoven unha fe infantilizada deben ser rexeitadas. Outras manifestacións, sostidas. Temos de ir á procura da fidelidade e da autenticidade. Resulta evidente que as festas cristiás do noso Nadal están inxustamente desnortadas, descaradamente comercializadas e insultantemente manipuladas.
¡Esa é a realidade!. Abondan desviacións e contradiccións. ¿Qué aporta o rumboso e foráneo cocacoleiro papá Noel ao ambente humilde do Nadal cristián? ¿Cómo casar os gastos das luminarias (¡meses accesas!) das cidades, vilas, negocios,
coa chamada á mesura/aforro e a anunciada subida (4´8%) das tarifas da luz? ¿Por qué seguimos co escándalo das grandes comidas, regadas co aínda máis caro cava (con ou sen zancadilla) diante dun mundo famento? ¿Qué decir dos gastos en xoguetes ante os dous millóns de nenos esplotados laboral, sexual e/ou militarmente? O abafante cosumo, ademais da inxustiza é un insulto/desprezo para un mundo diezmado pola fame. Velaí: En España 20.000 persoas sen teito. O 61.7% das familias lucenses chegan con dificultade a fin de mes, (El Progreso, 12-12-05). ¡Pregunten en Cáritas!. Un home do noso rural facíase esta reflexión (que comparto): creo que á sociedade lle falta un fervor ¡Iso parece!
Todos somos testemuñas e protagonistas. Estamos na roda. Unha preguntas: ¿está tan estragado o mundo que non hai nada que facer?; ¿é tan cativa a nosa dignidade e tan incoherente a fe como para non termos forza de lle pór cara ao problema? ¿Cómo concretar? Arrincar do fundamento: Celebrar/agradecer o Misterio de Amor meirande da historia: Deus veu á Terra (á nosa vida, casa, familia e sociedade) a compartir e darlle senso á vida e enchela de amor/esperanza. Veu mudar endereitar o torto, facer a gran revolución. ¡Quen podía soñar que da sinxeleza de Belén (Neno, María, Xosé, pastores
) ía chegar a salvacion! Dese mundo somos nós os responsables.
Por tanto, o que se nos pide é sermos agradecidos, valorar o que se nos dou, vivir en coherencia co que nos mandou facer: axudar a crear a irmandade universal, ollar (coma Xesús) aos pobres, famentos e a todos aos que Xesús se arrimou ( pobres, coxos, lisiados, leprosos, prostitutas, pagans, estranxeiros
) O que se nos pide é a conversión e seguimento de Xesús, coa ollada posta nas necesidades dos irmáns, cunha actitude firme e valente dediante da fame, da inxustiza, da violencia, das guerras
As grandes ensinanzas do Nadal son: Recuperar o Amor, ao xeito de Xesús, amando, a fondo perdido, e compartindo todo o que temos (vida, fe, paz, gozo, bens, calidades, etc
) cos irmáns. Comprometéndonos a mostrar o amor nas obras. ¡Feliz Noiteboa!

Mato, Xesús
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora