Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tamén eu podería ser un imputado

jueves, 12 de junio de 2014
Ata agora que parece que se vai desinflando paseniñamente o globo da operación das multas de tráfico en Lugo que ameazaba con ser una especie de tornado que levase por diante media provincia desde Muras a Pedrafita, eu estiven caladiño coma un rato, porque me parece que tamén podía ser un imputado con carácter retroactivo, polo menos de pensamento, de desexo e quizabes de palabra, porque una vez acudín a un alto cargo de tráfico non sei, ou non quero dicir, se de Lugo ou da Coruña, xa que a sanción foi na provincia de la Coruña, aínda que eu vivía e vivo na de Lugo, pero algunha vez viajo al extranjero e o día daquela sanción viña de pronunciar o pregón da malla en Bueymuerto.

Isto foi polo ano…e pico. E acudín a aquel alto cargo aparentemente pra consultarlle o recurso que pensaba facer contra a sanción que me impuxeran, pero non fondo o que eu pretendía era que fixese algo el en favor meu. Ou sexa e pra entendernos: ía tras dunha recomendación.

A quen se lle ocorre andar buscando recomendacións neste noso país? Como se chamará iso agora: cohecho, salchichón, tráfico de influencias, malversación, soborno, tomar a lei a pitorreo…? Iso en esta España (ía dicir nuestra, pero case non me atrevo) y demás países hermanos só o facían aló hai moito tempo catro dexenerados. Non si? Nestes últimos tempos non hai constancia de que ninguén buscase unha recomendación pra ser xuíz, fiscal, mestre, cerralleiro colexiado, barrendeiro municipal ou chófer de autobús de liña regular. Vaia que non? Tampouco consta que ninguén lle fixese un favor a un amigo aínda que fose bordeando a lei. Ou si? Así e todo, coa democracia aquelo das recomendacións de tempos do franquismo veu moito a menos, que xa me dixo a min hai anos un político en activo que agora valen máis dous votos ca antes catro cochos. Por que será?

Con estes pensamentos ditos en voz alta non pretendo dar alas pró que non se debería facer, pero cando as cousas no se fan por verdadeiro sentido de xustiza e conforme a dereito é doado caer na tentación de buscar conseguilas por medo ou por recomendación. A min una vez que non tiña recomendación pra que un médico atendese debidamente a un enfermo que tiña ingresado no seu sanatorio, deume resultado a técnica do medo. Levaba tres días sen poder falar con el, (co médico, non co enfermo), pero cando lle mandei recado de que se non estaba na habitación 115 antes de media hora tardaría en velo o tempo que tardásemos en coincidir no xulgado, presentouse enseguidiña e ata lle fixo una resonancia magnética a meu primo e todo. O malo foi que despois algúns familiares pensaban que ían atender peor ó paciente por mor de poñerme eu chuliño co doutor. Non se daban conta de que peor non podían atendelo. É que o respecto reverencial a veces
chega a ser alucinante ou alucinóxeno.

Con todo, nisto das recomendacións non podo erguer moito a voz porque, como ademais do que estou dicindo tamén digo misa, non podo negar que me ensinaron a buscar recomendacións valéndome da misa nada menos ca ante Deus PAI. O caso é que tamén aprendín que a misa, ou Eucaristía, debería ser primeiramente, como o seu nome indica en grego, pra dar grazas. Pero non, parece que hai que arrincarlle ó PAI a súa misericordia ou mercarlle a súa vontade salvífica.

Volvendo ó rego. Paréceme que naquela ocasión nin o alto cargo de tráfico nin eu infrinximos, ou polo menos, se infrinximos, non se pode probar. El díxome que lle parecía ben como pensaba eu plantexar o recuso. Cadramos de acordo en que a sanción era desproporcionada e, polo mesmo, inxusta. Paguei 300 euros que supoño que non irían parar a ningún roldán coñecido, porque nos tempo de Roldán aínda se pagaba en pesetas. Pero non me retiraron o carné. Tampouco tiven noticia de que o meu recurso chegase a ningún departamento acompañado das letras maiúscula POS, que tamén poden significar Por Obnubilación do Sancionador, ou do Sarxento.

Se cadra, calquera día conto como foi o conto daquela sanción e a conversación que mantivemos o sancionador, que se aínda non era sarxento estaba facendo méritos para selo, e máis eu. Puidera ser un conto aleccionador.

E xa que falo de sanción, aproveito pra responder a algúns que me preguntan se posperou o recurso ante o Alcalde de Oleiros contra a multa que me puxeran o verán pasado non concello do que el é rexedor. Aquel recurso tamén fora publicado en Galicia Dixital. E respondo que debeu prosperar, pois non tiven notificación ningunha e xa case vai un ano.

Tanto este caso coma o anterior reafírmanme en que coa lei na man poden cometerse grandes inxustizas... Non sempre. Só ás veces. Ou non?
Carballo, Xosé Manuel
Carballo, Xosé Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES