Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Piares básicos na vida dunha persoa

jueves, 12 de junio de 2014
Tódalas persoas apoiamos a nosa vida noutras que poden ser:
-Maiores que nós: pais, avós, familiares, profesores, amistades...etc.
-Da nosa idade: compañeiros, amigos, veciños, persoas coas que convivimos no día a día.
-Ou incluso máis xoves: fillos, netos, sobriños, alumnos e xuventide en xeralen xeral.

TODOS NOS NECESITAMOS PORQUE TODOS NOS COMPLEMENTAMOS.

Se analisamos a nosa situación actual, comprobamos como certas persoas exerceron ou exercen unha influencia especial na nosa vida.
Son as persoas que levamos no noso corazón toda a vida porque sen elas a nosa vida sería ben diferente ou non tería sentido.

Para empezar, son os nosos proxenitoresos os primeiros da lista.
Aquel acto de amor que deu lugar á nosa vida foi o mellor dos regalos que nos puideron facer.
Eles son os primeiros en saber que existimos e tamén os primeiros en auxiliarnos.
Pero eles non son todo.
Nas nosas vidas hai outras moitas persoas ás que lles debemos moito porque se non nos deron a vida, axudáronnos a conservala e a construíla.

¿QUEN NON TEN UN PARENTE Ó QUE LLE DEBE TANTO OU MÁIS QUE ÓS SEUS PROPIOS PAIS?

¿QUEN NON TEN AMISTADES QUE SON MELLORES QUE A PROPIA FAMILIA?

Hai moitos casos nos que son uns parentes os que se encargan da nosa crianza exercendo da pai e de nai co máximo esmero.
Tal é o meu caso, que por razóns de enfermidade, non me puideron criar os meus proxenitores, pero foron os meus avós maternos e a miña tía María os que se encargaron de darme unha infancia cargada de cariño e unha eduación en valores que me acompañan por días de vida.
Estareilles agradecida sempre

Tamén existen mestres que deixan unha pegada moi forte na alma da infancia.
Tódolos mestres son importantísimos na vida dunha persoa pero algúns máis que outros.
Eu lembro con moito cariño á miña primeira mestra que ademais de ensinarme as primeiras letras, deume moito cariño e cando fun maior quixen buscala e encontreina pouco antes de falecer.
Naquel momento ela axudoume co gallo dunha intervención cirúrxica de moita importancia para min e uns anos despois eu acompañeina a ela no seu derradeiro adeus no mesmo hospital onde me operara eu un tempo antes.
Era unha santa. Está gozando da presenza do Deus no que cría firmemente. Eu lévoa no meu corazón e pido a súa intercesión.

Tamén teño un recordo moi especial para mestra dos dez anos. Ela preparoume para o Certificado de Estudos Primarios que supuxo para min todo un gran éxito naquel momento.
Pero a cousa non quedou aí. Eu tamén fun medrando e fíxenme mestra e:
¡Quen mo diría!
Moitos anos despois encontrámonos nun curso para profesores e reanudamos a relación.
E cando eu me xubilei, ela tamén me acompañou. Consérvase moi ben porque ten unha vitalidae inigualable.
¡Que Deus lla conserve!
Aínda é hoxe o día que me chama a miúdo, que me desexa felices vacacións e que me manda lotería polo nadal e que me recorda momentos moi felices da milña infancia porque ela séntese orgullosa de min e eu dela moito máis.

A continuación veu outra persoa a quen eu nunca vin, pero que por intrervención do meu irmán, -que xa era santo sendo un adolescente- conseguíume unha praza nun colexio de relixiosas, onde me formei durante sete anos de vital importancia para a miña vida. Este señor tiña moito peso na vida social da zona. Era o director da Empresa Nacional BAZÁN de Ferrol.

Pero aínda tiven outra mestra moi especial para min. Esta era unha monxa que me abriu a porta dun colexio privado cando eu era unha nena economicamente moi pero que moi débil.
Como dixen no parágrafo anterior, entrei naquel colexio por intervención do Director da Bazán.
Ela encagouse de solicitarme a primeira beca e despois eu xa me fun abrindo camiño chegando a facer varias carreiras, todas elas con beca, claro.
Con ela seguín tendo contacto epistolar durante moitos anos e cando ela tiña 89 anos fun a facerlle unha visita sorpresa a Lora del Río, en Sevilla no ano 2002.
A alegría que se levou foi maiúscula.

Botei con ela –nu convento de clausura- tres días enteiros falando de toda a miña traxectoria vital.
Lembraba ela detalles que xa eu tiña no baúl dos recordos.

FOI UNHA DAS EXPERIENCIAS MÁIS PRACENTEIRAS DA MIÑA VIDA.

SENTÍN UNHA BENESTAR INEXPLICABLE QUE ENCHEU A MIÑA ALMA A TOPE DE PAZ E AMOR.

Esta muller deixou unha pegada moi impactante na miña vida. Era un auténtico manancial de sabedoría e santidade.

Pero a persoa que máis me apiou ó longo da miña vida foi o meu amadísimo irmán.
Un santazo.
Un verdadeiro cabaleiro que levou unha vida moi pero que moi exemplar e ofreceume o seu apoio incondicional toda a súa vida.
Foi para min un irmán modélico, un padrazo e un amigo incondicional. Nunca lle estarei suficientemente agradecida. Foi unha persoa excepcional.
Agora intercede por min desde a Casa do Pai e acompáñame espiritualmente.

Tamén teño outras moitas persoas na miña lista, trátase dun número incontable de persoas que me acompañaron ou me acompañan ó longo da miña traxectoria vital, facendo que esta sexa unha auténtica gozada, aínda que teña momentos de especial dureza.

Teño moito que agradecerlle á infancia que foi e segue sendo unha gran mestra para min. Pasei toda a vida rodeada de nenos que me ensinaron e me seguen ensinando os valores máis preciados da vida.
Teño un especial recordo para aqueles que impactaron máis na miña alma -polas súa delicadas circunstancias persoais-, que son moitos; pero afortunadamente todos souberon abrirse amiño na vida.

Tamén para aqueles que sei que aínda me levan no seu corazón e que me dan algunha gratificante noticia cando nos encontramos polo camiño da vida, ou cando recibo unha visita sorpresa, ou cando me buscan nas redes sociais.
Tamén para os alumnos-netos que aínda seguen en contacto coa persoa que noutros tempos fora mestra dos seus pais. Eso xa é sumammente gratificante e enriquecedor
¡Quen mo diría!

Tampoco podo esquecer ós compañeiros de estudio e de traballo que me mostraron os seu máximo apoio en momentos duros da miña vida.

¿E que dicir das amistades?
Teño amigos que son como membros da familia. Axúdanme en todo canto está ó seu alcance que non é pouco.
Axúdanme na saúde, axúdanme na enfermidade. Axúdanme en todo momento e circunstancia.

¿Que máis se pode pedir?

Pero a lista non remata aí.
Son innumerables as persoas que ó longo da miña vida me enriqueceron co seu bo facer, dándome exemplo de vida cargados de ánimo e moito amor.
Afortunadamete hai moitas persoas exemplares que son a levadura da masa.

Todas cantas persoas me rodeades formades parte de miña existencia.
Todas contribuídes dun xeito ou doutro a que a miña vida se sosteña en paz e equilíbrio.
Sen vós a miña vida non tería razón de ser. Non sería nada de nada.

Concluíndo:

SOMOS O QUE SOMOS E COMO SOMOS EN RELACIÓN COS QUE NOS RODEAN.

Aínda que todos sexamos diferentes, todos nos complementamos e neso está o enriquecemento a a evolución.

Síntome moi a gusto coas persoas que me rodearon e coas que me rodeades neste momento porque sei que estaredes aí ata o último día.
Esa é a miña riqueza.
So me queda dar grazas a Deus por todo e por todos, porque todo contribúe mutuamente para o noso crecemento persoal.
¡Que Deus nos conserva así moitos anos!

Eu acabo de facerlle unha confesión sobre os piares que soteñen a miña persoa, porque sei que vostede tamén ten os seus e estou convencida que os seguirá tendo sempre, porque o merece e porque os necesita.
Así me gusta.
E tamén sei que estas experiencias miñas, lle traerán á súa mente gratos recordos e gratas experiencias da súa vida en relación coas persoas que contribuíron a que vostede sexa o que é e como é.
Graciñás por terme na súa consideración neste momento.
Se o considera oportuo pode ler o vindeiro xoves, algo sobre UNHA FAMILIA FELIZ E EXEMPLAR coa que me encontrei no camiño da vida.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES