Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

E logo din que a carne...

viernes, 16 de diciembre de 2005
Hai frases que pasan á historia... Pola súa xenialidade, polo contexto, polo momento. Aquel "Y luego dicen que el pescado es caro", título de obra pictórica que reflicte unha traxedia do mundo do mar, pon de manifesto a procedencia da denuncia, e a necesidade de cada sector de ter alguén que fale -aínda que sexa sen falar- no seu nome.

Hoxe o problema plantéase terra adentro. Os nosos gandeiros, cansos de tanto aturar, saen ás rúas e regalan carne para mentalizar ós consumidores do seu problema.

Grosso modo, o problema ven ser que tres mil intermediarios do mundo do comercio da carne gañan máis ca trinta e sete mil gandeiros. A proporción lembra esas situacións extremas nas que un dez por cento dos habitantes dun país ou zona posúen o noventa por cento das propiedades e das riquezas. O noventa por cento restante, forzosamente, está sumido na maior das miserias.

Galicia é gandeira, alomenos polo de agora. Pero mentras que nos últimos anos o precio do pienso triplicouse, os precios que perciben os gandeiros pola carne pasaron de 4,5 a 3,6 € o kilo, estimándose que para que a producción sexa rendible deberían percibir 8 euros por kilo.

Producir un kilo de carne non ten o risco que ten sair ó mar procurarse un kilo de pescado, pero require similares investimentos infraestructurais, e traballo diario, coidado dos animais, piensos, e un longuísimo etcétera.

E ó final da cadea, a ama de casa que vai ó mercado comproba que a carne é cara, porque desde que saiu do productor ata que se expende no mostrador da carnicería pasa por un proceso non moi longo pero sí complexo de intermediarios que seguro todos teñen o seu papel na cadea, pero que habería que valorar no seu xusto término, especialmente comparando o seu traballo e os seus riscos económicos co traballo e os riscos do gandeiro que vive todo o día, tódolos días do ano, en permanente dedicación á súa explotación.

O consumidor pode pensar que a carne está polas nubes, pero o productor non percibe senón unha mínima parte do que o cliente aboa.

Non pasa como no caso do pescado que a morte ande rondando arredor do pescador. Pero parece como se neste caso fose unha morte lenta, por afogamento, a que a estructura comercial da carne reserva ó productor... para exprimilo todo o posible, e -por consunción- deixe tamén de existir. Pero moi despacio, para que se note menos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania