Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (12)

miércoles, 11 de junio de 2014
Terán recordos as casas?
Casa Trouseda


Pasas por diante dunha casa que non ten lume nin xente e parece morta. Recórdala aí, cincuenta anos, aquelas portas e ventás abertas, a xente, nenos, vellos, mozos. Entraba o sol por todos os lados. Ulía a caldo feito do punto e pan saído do forno. A avoa dando de comer aos netos; tanta
vida xunta. Recordo, de nena, mirar como lavaba a nai no río. Collía moitas pezas xuntas, como tiña moitos nenos. As nais saben saír para adiante; son moi intelixentes.

Hai cincuenta anos, a roupa poñíase a secar nas silveiras. Non había nin varandas nin pinzas. As galiñas andaban por fóra. Dábanlles algo de maínzo pola mañá. Logo, elas buscábanse a vida. Así, unha casa con xente estaba rodeada de moitas casas. Estaba chea de vida.

Pola mañá, o primeiro era acender o lume. Gústame ver fumear a cheminea. Tamén me gustan as lareiras. Parece que as casas con lareira son máis acolledoras. Teñen moita historia. As casas non pensan, pero, se pensaran estarían tristes, pois tantas cousas poderían contar... Tantas penas e ledicias, non sei onde irán a parar. Todos eses recordos non debían desaparecer.

Hoxe, mirando para a casa de Trouseda, recordo a Andrés, que foi o último que se foi. Vou escribir isto antes de que a reformen. Gústame recordala como está. Esas pedras teñen historia. Xa se ve que son vella, pois alí vin nacer moitos nenos, morrer moita xente, cousas que de pequeno che quedan na cabeza.

Recordo cando tiveron a festa do Patrón. Todos os cativos queriamos ver matar o cuxo, pero non nos deixaron, só que botaron un fogo. Canta vida! Agora, quedan as casas baleiras. Ata parecen estar tristes. A ver se os novos se animan a vivir nas casas de antes, para non ver ventás e portas pechadas.

Dá gusto onde hai xente, castañas a secar, un canciño por aí, un vello, nenos xogando á porta, o que nos fai vivir. Tempos pasados. Agora, temos moita présa; non nos paramos con ninguén. Que bonito estar coa familia, cos amigos! O tempo pasa. Aproveitémolo. Xa pouco nos queda.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES