Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Folgos de mozo

lunes, 09 de junio de 2014
Aconteceu ás seis menos vinte da tarde, no polígono Barreiros, xusto á altura das naves do Audi e do Volkswagen, con dirección a Ourense. Asomou ante os meus ollos o número perfecto, o 333.333. Marmañaba. Os limpaparabrisas ían, moi amodiño, dun lado para o outro, da esquerda para a dereita. O meu Filomeno seguía resistindo con folgos dun mozo hiperactivo a friorenta cifra de 333.333 quilómetros. Como se me oíse, como se quixese burlarse das marcas de coches que deixou á súa esquerda, consentiu baixar un chisquiño máis o pedal de aceleración, como para dicirme “aquí sigo”. E seguiu camiño de Ourense.

Un día detrás doutro seguirá facendo preto duns cen quilómetros diarios para seguir acumulando números nese contaquilómetros que, hoxe, brillou pola súa perfección numérica: 333.333. Agora, amigo meu, hai que chegar ós 444.444. Chegarás.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania