Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crean en nós

miércoles, 11 de junio de 2014
Estou un pouco farto de que non se crea na xente da rúa, na que vive cos pés na terra e non en mundos idílicos que de súpeto son marabillosos con catro datos positivos. Estou farto e, ao mesmo tempo, un pouco asustado cun sistema no que eliximos para que decidan por nós ao seu antollo e no que xamais se cumpre o compromiso sendo sempre a culpa do antecesor. Un sistema polarizado (aparentemente) e cunha gran orquestra sinfónica ou afónica que se encarga en diversos medios de crear un ou outro estado de opinión segundo a súa propia interese.

Agora parece que o dereito a decidir o que queremos se reduce ao que hai trinta e seis anos decidiron os nosos antergos, sen ter en conta todo o que cambiamos neste tempo polo que mesmo cabe preguntarse se alguén dos que votou daquela votaría o mesmo hoxe. O medo a que o pobo ordene é a antítese da democracia, unha democracia que se pode delegar ata certo punto. Para min o límite está no turnismo que vela para que nunca cambie nada, nin na forma nin no fondo.

O pobo ten ansias de cambio que superan a dualidade das posicións oficiais para reivindicar algo que simplemente ten que formar parte da propia democracia: o Humanismo e o verdadeiro Estado Social. Algo que o sistema actual está deixando de lado ata o punto de destruílo. Entón, temos dereito a soñar e a intentar ser outra cousa, temos dereito a buscar un sistema baseado na decencia moral marcada polo feito de que cada cidadán sexa prioridade absoluta do seu goberno.

Quixéronnos e quérennos tutelar e a súa tutela levounos a estes tempos incertos. Agora que fracasaron, por favor, crean en nós e déixennos decidir democraticamente, xa que segundo dicían hai pouco tempo, o sistema está consolidado. Logo, a qué ter medo?
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES